Thuggee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os thugs foron unha seita secreta de asasinos que adoraban á deusa hindú Kali.

Thuggee ou tuggee (hindi: ठग्गी ṭhaggī; urdú: ٹھگ; sánscrito: sthaga; sindhi: ٺوڳي، ٺڳ; canarés: ಠಕ್ಕ thakka) refírese ós actos dunha sociedade secreta da India que se adicaba profesionalmente ó roubo e ó asasinato. Os thugs viaxaron en grupos a través do subcontinente indio durante seis séculos.[1] Malia que eles sinalaron a súa orixe en sete tribos musulmás, os hindús semellan estar asociados a eles nun período máis antigo. Foron mencionados por vez primeira por Ẓiyā-ud-Dīn Baranī en Historia de Fīrūz Shāh, datado do ano 1356.[2] Durante a década de 1830, os thugs foron sinalados para a súa erradicación polo Gobernador Xeral da India, William Bentinck e o seu capitán, William Henry Sleeman. Os thugs foron aparentemente destruídos polos seus esforzos.[1][3]

Para tomar vantaxe das súas vítimas, os thugs uníanse ós viaxeiros e gañaban a súa confianza. Isto permitíalles sorprender e esganar ós viaxeiros cun pano ou cunha soga. Despois roubábanos e enterraban as súas vítimas. Esta forma de actuar fixo que fosen chamados Phansigar ("que usan unha soga"), un termo máis común no sur da India.[4] A verba "Thuggee" deriva do hindi ठग, que significa "mentirán".[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Tracing India's cult of Thugs". 3 August 2003. Los Angeles Times.
  2. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/594263/thug
  3. http://www.mahavidya.ca/hindu-sects/the-thuggee-cult/[Verificar credibilidade]
  4. R.V. Russell; R.B.H. Lai (1995). Asian Educational Services, ed. The tribes and castes of the central provinces of India. p. 559. ISBN 978-81-206-0833-7. Consultado o 19 de abril de 2011. 
  5. Thugs 1902 Encyclopædia Britannica'.Pali-sthag