Sociedade secreta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os Thuggee foron unha seita secreta de asasinos que adoraban á deusa hindú Kali.

Unha sociedade secreta é un club ou unha organización cuxas actividades, eventos e funcionamento interno son de coñecemento exclusivo dos seus membros. A sociedade pode ou non tratar de agochar a súa existencia. O termo adoita excluír os grupos encubertos, como axencias de intelixencia ou guerrillas insurxentes, que agochan as súas actividades e membros pero manteñen unha presenza pública. Os requisitos exactos para etiquetar un grupo dunha sociedade secreta están en disputa, pero as definicións baséanse xeralmente no grao no que a organización insiste en manterse en segredo, e podería implicar a retención e a transmisión do coñecemento secreto, a negación de afiliación ou o coñecemento do grupo, a creación de ligazóns persoais entre os membros da organización, e o uso de ritos secretos ou rituais que consolidan os membros do grupo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]