Thora Hjörleifsdottir
Nome orixinal | (is) Þóra Hjörleifsdóttir |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1986 (37/38 anos) |
Educación | Universidade de Islandia |
Actividade | |
Ocupación | escritora, poetisa, novelista |
Período de actividade | 2017 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Thora Hjörleifsdottir (islandés: Þóra Hjörleifsdóttir), nada en 1986,[1] é unha novelista e poeta islandesa. O seu primeiro libro, Magma (2019), converteuse nun best-seller no seu país, suscitando un debate público sobre a violencia de xénero.[2] Na actualidade, forma parte do colectivo Svikaskálda ("poetas impostores").[2]
Hjörleifsdottir foi publicada en galego por Rinoceronte Editora en 2023, cunha tradución de Elías Portela.[3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Thora Hjörleifsdottir cursou un mestrado en escrita creativa na Universidade de Islandia.[1][2][5] Forma parte do colectivo Svikaskálda, co que publicou poemarios como Ég er ekki að rétta upp hönd (2017) e Ég er fagnaðarsöngur (2018).[1] A súa primeira novela, Magma, publicada en 2019, foi un éxito de vendas en Islandia, onde suscitou moita controversia.[1][2] A obra foi traducida a múltiples idiomas, como o inglés ou o galego, e foi recomendada pola revista Time.[3][5][6]
Na actualidade, traballa como profesora de islandés.[5]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Ég er ekki að rétta upp hönd ("Non vou erguer a man", 2017)
- Ég er fagnaðarsöngur ("Son unha canción alegre", 2018)
- Nú sker ég netin mín ("Agora corto as miñas redes", 2019)
- Magma (2019)
- Olía ("Petróleo", 2021)
- Eftirvæntingu ("Anticipación", 2021)
Traducións
[editar | editar a fonte]- Magma (2023). Tradución directa de Elías Portela. Rinoceronte Editora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Þóra Hjörleifsdóttir – Forlagið bókabúð" (en islandés). Consultado o 2024-08-07.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Þóra Hjörleifsdóttir - Icelandic Authors". Miðstöð íslenskra bókmennta (en inglés). Consultado o 2024-08-07.
- ↑ 3,0 3,1 Diario, Nós (2023-10-20). "O magma queima". Nós Diario. Consultado o 2024-08-07.
- ↑ "Magma – Rinoceronte Editora". Consultado o 2024-08-07.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Skáld.is". skald.is. Consultado o 2024-08-07.
- ↑ "magma". RCW Literary Agency (en inglés). Consultado o 2024-08-07.