Saltar ao contido

Universidade de Islandia

 Universidade de Islandia
 Nome curto
    HÍ (is) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe do interior
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
Características
Implicados
 Fundador/a
 Reitor/a
 Afiliación
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1911 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de estudantes
   14.000 (2018) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap9061236 Editar o valor en Wikidata
VIAF129736338 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000406400021 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/022hyn Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI165368041 e P4310314050 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: HaskoliIslands Twitter: Haskoli_Islands Instagram: haskoli_islands Dialnet: 3856781 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Universidade de Islandia (en islandés: Háskóli Íslands) é unha universidade pública situada en Reykjavik, capital de Islandia, a máis grande e antiga institución de educación superior do país. Fundada en 1911 como unha pequena escola de funcionarios, converteuse nunha universidade moderna con investigación e docencia nos eidos das ciencias sociais, as humanidades, o dereito, a medicina, as ciencias naturais, a enxeñaría ou a pedagoxía. O seu campus está localizado no centro de Reykjavik, con outras facultades en áreas próximas e tamén en rexións rurais.

A Universidade de Islandia foi fundada polo Alþingi o 17 de xuño de 1911, unificando tres institucións previas: a Prestaskólinn, a Læknaskólinn e mais a Lagaskólinn, centradas nos campos da teoloxía, a medicina e o dereito, respectivamente. Xa que logo, nas súas orixes a universidade só posuía facultades para estas tres disciplinas, xunto con outra de humanidades. Durante o seu primeiro ano de existencia, só contaba con 45 estudantes. O primeiro reitor foi Björn M. Ólsen, catedrático da facultade de humanidades.[1]