Saltar ao contido

Pobo islandés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo islandés
 Epónimo
 Linguas faladas
 Relacionados
Outros pobos xermánicos, especialmente noruegueses, dinamarqueses e feroeses
Localización
 Situado en
 Orixinario de
 País de orixe
Rexións principais
Islandia Islandia295 672[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos42 716[2]
Canadá94 205[3]
Dinamarca Dinamarca8 429[4]
Noruega Noruega8 274[4]
Suecia Suecia5 454[4]
Reino Unido Reino Unido2 225[4]
Alemaña Alemaña1 802[4]
España España1 122[4]
Australia Australia980[5]
Identificadores
Freebase/m/03fk0c Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

Os islandeses[6] (en islandés: Íslendingar) son un grupo étnico e nacional nativo de Islandia, falantes da lingua islandesa, unha lingua xermánica.[7] O 17 de xuño de 1944, cando a República de Islandia foi fundada, os islandeses independizáronse da Monarquía Dinamarquesa. A súa lingua propia é o islandés, unha lingua nórdica, e o luteranismo é a relixión predominante. Os rexistros de ADN e históricos sinalan que arredor do 60 ou 80% dos colonos eran de orixe nórdica (principalmente do oeste de Noruega) e o resto son de orixe celta, de Irlanda e Escocia.[8][9]