Thomas Hart Benton
Thomas Hart Benton (15 de abril de 1889 - 19 de xaneiro de 1975), foi un pintor e muralista estadounidense, un dos máximos expoñentes do movemento artístico rexionalismo xunto a Grant Wood e John Steuart Curry.
Vida e obra
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Benton naceu en Neosho, Missouri, nunha das familias máis poderosas de Missouri, seu pai Maecenas Eason Benton foi un avogado e congresista e o seu tío avó Thomas Hart Benton fora senador. Benton pasou a súa infancia entre Washington, D.C. e Missouri, no canto de seguir unha carreira política como pretendía seu pai, desenvolveu interese pola arte e traballou como caricaturista para o xornal Joplin American de Joplin, Missouri.
Aprendizaxe
[editar | editar a fonte]En 1907 Benton matriculouse no Art Institute of Chicago e en 1909 transladouse a París para estudar na Académie Julian. Alí tratou a artistas como Diego Rivera e especialmente Stanton Macdonald-Wright, partidario do sincromismo, que influíu fortemente na obra de Benton. En 1923 Bento estableceuse en Nova York, o seu traballo como debuxante artístico da Armada dos Estados Unidos desde 1919 mudou o seu estilo significamente, concentrouse en escenas e debuxos realísticos da vida e traballo nos estaleiros.
Rexionalismo
[editar | editar a fonte]De volta a Nova York a comezos dos anos vinte, Benton declarouse inimigo do modernismo e comezou a realizar unha obra naturalista e representacionista hoxe coñecida como rexionalismo e que tivo o seu cumio nos murais America Today da New School for Social Research pintados en 1930-1931, fortemente influídos por El Greco.
En 1932 a Benton, relativamente pouco coñecido, elixírono para realizar os murais que debían representar a Indiana na Exposición Internacional de Chicago de 1933, os Murais de Indiana xeraron controversia, Benton pintou xente común sen suavizar a historia do estado, pintando mesmo membros do Ku Klux Klan.
O 24 de decembro de 1934 Benton apareceu na primeira portada en cor de Time, no interior nun artigo titulado “The U.S. Scene” presentaba a Benton, Wood e Curry como os novos heroes da arte estadounidense, o que deu visibilidade ó rexionalismo como movemento artístico.
En 1935 Benton traballou nun mural para o Capitolio do Estado de Missouri en Jefferson City, titulado Social History of Missouri é quizabes a mellor obra de Benton, pero causou controversia, a aparición de Jesse James, a escravitude e slavery e Tom Pendergast. Benton estableceuse en Kansas City, Missouri e aceptou un posto como profesor no Kansas City Art Institute. As súas obras desta época xeralmente amosa a melancolía, desesperación e beleza da vida dunha pequena cidade. En 1937 publicou a súa autobiografía, An Artist in America. Neste período, Benton comezou a producir litografías en edicións limitadas asinadas e con edicións reducidas.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial, Benton creou unha serie, amplamente distribuída The Year of Peril, que pretendía poñer de relevo os ideais americanos fronte a amezada do fascismo e o nazismo. Despois da guerra o rexionalismo viuse eclipsado polo Expresionismo abstracto.[1] Benton permaneceu activo outros trinta anos, pero a súa obra centrouse menos no comentario social e máis en crear estilizadas imaxes bucólicas das granxas preindustriais. Tamén pintou murais en diversas cidades, o mural Independence and the Opening of The West para a Biblioteca e Museo Harry S. Truman en Independence, Missouri deu lugar a unha amizade duradiera co expresidente Harry Truman. Benton morreu en 1975 no seu estudio, traballando no seu mural, The Sources of Country Music para a Country Music Hall of Fame in Nashville.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "New Britain Museum of American Art". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2008. Consultado o 12 de xaneiro de 2009.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portado do TIME do 24 de decembro de 1934Arquivado 29 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
- The Nelson-Atkins Museum of Art, onde se concentra a meirande colección de obras de Benton
- Thomas Hart Benton and the Indiana Murals
- Missouri State Parks & Historic Sites: Thomas Hart Benton Home and Studio State Historic Site