Theodore Dru Alison Cockerell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Theodore Dru Alison Cockerell
Theodore Dru Alison Cockerell.jpg
T. D. A. Cockerell. Fotografía contra 1930
Nacemento22 de agosto de 1866
 Norwood, Gran Londres
Falecemento26 de xaneiro de 1948
 San Diego, California
SoterradoColumbia Cemetery, Boulder, Colorado
Nacionalidadeinglesa,
nacionalizado estadounidense
Alma máterMiddlesex Hospital Medical School
Ocupaciónzoólogo, botánico
CónxuxeAnnie Fenn Cockerell
Wilmatte Porter Cockerell
IrmánsSidney Carlyle Cockerell
OrganizaciónNew Mexico Agricultural Experiment Station
New Mexico Highlands University
University of Colorado
University of Colorado Museum of Natural History
editar datos en Wikidata ]

Theodore Dru Alison Cockerell, nado o 22 de agosto de 1866 en Norwood, Gran Londres, e finado o 26 de xaneiro de 1948 en San Diego, California (EE. UU.), foi un naturalista anglo-estadounidense, especializado en abellas,

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cockerell estudou na Facultade de Medicina do Hospital Middlesex e logo emigró aos EE. UU., traballando no Museo Americano de Historia Natural, e estudou Botánica de campo en Colorado entre 1887 e 1890. Posteriormente, converteuse en taxónomo, publicando numerosos artigos sobre himenópteros, hemípteros, moluscos e plantas, así como traballos sobre paleontoloxía e evolución.

Desde 1891 a 1901 foi conservador do Museo Público de Kingston, (Xamaica). Foi profesor de Entomoloxía na "Estación Agrícola Experimental de Novo México". Desde 1900 a 1903, foi profesor axudante de Bioloxía na Universidade de Novo México, e desde 1903 a 1904, conservador no "Museo da Universidade de Colorado". En 1904 obtivo a cátedra de Entomoloxía desta Univerdidade, e desde 1906 foi profesor titular de Zooloxía sistemática na mesma Universidade.

Autor de máis de 2 200 artigos en publicacións científicas, realizou numerosas achegas no campo da entomoloxía, principalmente en abellas, coleópteros, paleontoloxía de insectos e outros artrópodos, moluscos e sobre a flora (algas e fungos).

Fixo numerosísimas exploracións, entre otros lugaes, á India, Australia, Perú, Siberia e Suráfrica.

Lista parcial de publicaciones[editar | editar a fonte]

  • 1910. Some Bees of the Genus Augochlora from West Indies
  • 1910. The Scales of the Mormyrid Fishes
  • 1913. Observations on Fish Scales
  • 1913. Some Fossil Insects from Florissant (Colorado).[1]
  • 1920, Zoology; a textbook for colleges and universities (World book company, Yonkers-on-Hudson, N. Y.).[2]

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Cockerell emprégase para recoñecer a Theodore Dru Alison Cockerell como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • As abreviaturas Cockerell e Ckll. empréganse para recoñecer a Theodore Dru Alison Cockerell como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Exemplar en liña Arquivo de Internet.
  2. Exemplar en liña Arquivo de Internet.
  3. Contr. U.S. Natl. Herb. xvi. 192. 1913 (IK).
  4. Mem. Torrey Bot. Club xviii. 230. 1932 (IK).
  5. Taxon 34 (2): 351. 1985 (IK).
  6. Bull. New York Bot. Gard. iii. 41. 1903 (IK).
  7. Bot. Gaz. 34: 24. 1902 (IK).
  8. Gruppenw. Artbild. 56 1913 (IK).
  9. Bot. Gaz. 42: 51. 1906 (IK).
  10. Phoradendron 38. 1916 (IK).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]