Saltar ao contido

The Whale (filme de 2022)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Whale
 Instancia de
 Título
The Whale (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
16 de febreiro de 2023 (Hungría)
4 de setembro de 2022 (Festival Internacional de Cinema de Venecia de 2022)
11 de setembro de 2022 (Festival Internacional de Cinema de Toronto)
9 de decembro de 2022 (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
Duración117 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe4:3 Editar o valor en Wikidata
Espectadores316.194 Editar o valor en Wikidata
Custo3000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación17233000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0006-E91C-0000-4-0000-0000-P Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.6/10 Internet Movie Database (11 de abril de 2026)
60/100 Metacritic (8 de outubro de 2025)
64% Rotten Tomatoes (16 de setembro de 2023) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt13833688 Filmaffinity: 160764 Allocine: 289056 Rottentomatoes: m/the_whale_2022 Allmovie: v733534 Metacritic: movie/the-whale-2022 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Whale é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Darren Aronofsky e Samuel D. Hunter. Baséase na obra homónima de 2012. Está protagonizado por Brendan Fraser, Sadie Sink, Hong Chau, Ty Simpkins e Samantha Morton. No filme, un solitario profesor de inglés con obesidade severa intenta restaurar a súa relación coa súa filla adolescente, á que abandonou cando tiña oito anos.[1] O filme rodouse entre o 8 de marzo e o 7 de abril de 2021, en Newburgh, Nova York.

The Whale estreouse na 79ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 4 de setembro de 2022. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de decembro, antes dunha estrea máis ampla o 21 de decembro a través de A24, recadando 54,9 millóns de dólares contra un orzamento de 3 millóns. A crítica tivo unha resposta polarizada; aínda que algúns enxalzaron a actuación, especialmente de Fraser, Chau e Sink, a representación que se fai no filme das loitas relacionadas coa obesidade motivou críticas. Pola súa interpretación, Fraser gañou o Óscar ó mellor actor, o premio Critics' Choice e o premio SAG, Chau foi nomeada ó Óscar á mellor actriz secundaria, e o filme gañou o Óscar á mellor maquillaxe.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Brendan Fraser como Charlie, un profesor de inglés obeso e solitario.
  • Sadie Sink como Ellie Sarsfield, a filla adolescente e distante de Charlie.
    • Jacey Sink como Ellie de nena.
  • Hong Chau como Liz, a enfermeira que coida de Charlie e a súa mellor amiga.
  • Ty Simpkins como Thomas, un misioneiro cristián.
  • Samantha Morton como Mary, a exmuller de Charlie e a nai de Ellie.
  • Sathya Sridharan como Dan, un repartidor de pizza.
  1. "The Whale". A24. Consultado o 2 de decembro de 2022.