Samantha Morton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Samantha Morton
SamanthaMorton09TIFF.jpg
Nacemento13 de maio de 1977
 Nottingham
NacionalidadeReino Unido
Alma máterWest Bridgford School
Ocupaciónactriz de televisión, actriz de cinema, actriz, directora de cine, guionista, produtora e actriz de teatro
editar datos en Wikidata ]

Samantha Jane Morton, nada en Nottingham (Inglaterra) o 13 de maio de 1977, é unha actriz inglesa nomeada aos Premios Óscar e aos Globos de Ouro polo seu papel en Sweet and Lowdown.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Samantha Morton é filla de Pamela Mallek e Peter Morton,[1] quen se divorciaron cando Samantha tiña tres anos. Iniciou a súa carreira aos trece anos, cando se uniu á Central Junior Television Workshop de Inglaterra. Aos dezaseis anos, trasladouse a Londres, onde actuou no Royal Court Theatre[2] e tamén traballou de forma breve nalgúns capítulos da serie británica de televisión Cracker.

En 1997 interveu en series de televisión e no telefilme sobre a novela de Charlotte Brontë Jane Eyre (1997), onde interpretou a protagonista. Despois de traballar na serie Band of Gold, Morton saltou á gran pantalla en 1997 con Under the skin, de Carine Adler. Esta interpretación e outras posteriores chamaron a atención de Woody Allen, que a escolleu para facer un papel secundario en Sweet and Lowdown (1999).[3][4] Por este papel, Morton foi candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro como mellor actriz secundaria.

A partir de aí traballou para Julien Amorne en Pandaemonium (2000) ou Steven Spielberg en Minority Report (2002). Precisamente en 2002 gañou o galardón á mellor actriz nos British Independent Film Awards polo seu traballo en Morvern Callar. O ano seguinte foi candidata ao Óscar como mellor actriz principal por In America, de Jim Sheridan.

Foi a protagonista da serie británica Rillington Place (2016) e unha das coprotagonistas de Harlots. Foi contratada como antagonista principal na novena tempada de The Walking Dead no papel de Alpha, líder dos Whisperers.[5]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1997 This Is the Sea Hazel Stokes
1997 Under the Skin Iris Kelly
1999 Sweet and Lowdown Hattie
1999 Jesus' Son Michelle
1999 Dreaming of Joseph Lees Eva
2000 Pandaemonium Sara Coleridge
2002 Minority Report Agatha
2002 Morvern Callar Morvern Callar
2003 In America Sarah
2003 Code 46 Maria Gonzáles
2004 Enduring Love Claire
2005 River Queen Sarah O'Brian
2005 The Libertine Elizabeth Barry
2005 Lassie Sarah Carraclough
2006 Slipp Jimmy fri Sonia Dobraxe en inglés
2007 Expired Claire
2007 Control Deborah Curtis
2007 Elizabeth: The Golden Age María I de Escocia
2007 Mister Lonely Marilyn Monroe
2008 Synecdoche, New York Hazel
2008 The Daisy Chain Martha Conroy
2009 The Messenger Olivia Pitterson
2012 John Carter Sola Captura de movemento
2012 Cosmopolis Vija Kinsky
2013 Decoding Annie Parker Anne Parker
2013 Her Produtora asociada
2013 The Harvest Katherine
2014 Miss Julie Kathleen
2015 Call Me Lucky Ela mesma Documental
2016 Animais fantásticos e onde atopalos Mary Lou Barebone
2018 Two for Joy Aisha

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Samantha Morton profile". Film Reference. Consultado o 13 de setembro de 2014. 
  2. Addley, Esther (4 de outubro de 2007). "Profile: Samantha Morton – 'I think she is attracted to women who have difficulties. It's very emotional when she takes a role to extremes ...'". The Guardian. Consultado o 15 de setembro de 2014. 
  3. "Sweet and Lowdown (1999)". Box Office Mojo. Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  4. "Sweet and Lowdown". Rotten Tomatoes. 3 de decembro de 1999. Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  5. Wigler, Josh (20 de xullo de 2018). "'Walking Dead' Taps Samantha Morton as Iconic Villain". The Hollywood Reporter. Consultado o 20 de xullo de 2018.