Saltar ao contido

The Supremes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Supremes
Florence Ballard, Mary Wilson e Diana Ross en 1965
OrixeDetroit, Míchigan, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período19591977
Xénero(s)R&B, doo wop, soul, pop, disco
Selo(s) discográfico(s)Lu Pine Records, Motown
Artistas relacionados
Na rede
IMDB: nm0839508 MySpace: supremesseventiesstyle Youtube: UCDPKhKv0q7x0ZbEnKBkP44g Spotify: 57bUPid8xztkieZfS7OlEV iTunes: 14150727 Last fm: The+Supremes Musicbrainz: c1aa2ec9-53e7-4d90-8d36-bac75832e986 Songkick: 536365 Discogs: 17966 Allmusic: mn0000477875 Deezer: 2162 Genius: The-supremes Editar o valor en Wikidata

The Supremes foi un grupo de música pop e soul estadounidense formado exclusivamente por mulleres, que interpretou cancións de distintos xéneros musicais, dende o doo wop á psicodelia e a música disco. Formouse na cidade de Detroit. As súas primeiras integrantes foron Florence Ballard, fundadora do grupo, a súa amiga Mary Wilson e unha compañeira de escola de ambas, Diana Ross. O trío The Supremes é a agrupación vocal feminina de maior éxito na historia da música popular dos Estados Unidos,[1] e durante a chamada "beatlemanía", foi o único grupo estadounidense que obtivo numerosos éxitos sucesivos, ao igual que o cuarteto británico.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Antes de converterse en The Supremes, Ballard, Wilson e Ross formaron xunto con Betty McGlown o cuarteto The Primettes. McGlown abandonou o grupo en 1960 e foi substituída por Barbara Martin. Ese mesmo ano esta formación gravou o single "Tears of Sorrow" na compañía Lupine. En 1961, ao asinar con Motown, Ballard escolleu o novo nome co que o grupo alcanzou a fama, The Supremes, e o ano seguinte, Martin deixou o grupo, converténdose así nun trío.

As primeiras gravacións do grupo para o selo Motown foron moito máis que unha sucesión de cancións orientadas dentro do girl group ou o pop soul. Aínda que a solista orixinal era Ballard, Ross foi seleccionada como cantante principal do trío, o que ocasionou disputas no grupo, xa que nalgúns momentos tamén Wilson fixo de voz principal do trío. Tras varios singles sen repercusión, a finais de 1963 chegou o seu primeiro "top 40" coa canción "When the Lovelight Starts Shining Through His Eyes".

Berry Gordy, creador da compañía Motown dedicou moita da súa atención no trío e finalmente en 1964 conseguiu que "Where Did Our Love Go" se convertese nun número un. O tema estaba escrito por Holland-Dozier-Holland, e converteuse no patrón para seguir en varios dos seus seguintes números un durante 1964 e 1965: "Baby Love", "Stop! In the Name of Love!, "Come See About Me" e "Back in My Arms Again". Cunhas coreografías estilizadas xunto cun estilo moi visual, triunfaron na televisión e nos concertos en directo. O trío de músicos Holland-Dozier-Holland produciu e escribiu as cancións do grupo ata finais de 1967.

Despois de 1965, xa non todos os seus éxitos subían directos ao máis alto das listas, mais continuaban a intersar ao público. Outros dos seus éxitos nesta época foron "You Can't Hurry Love", "You Keep Me Hangin' On" e "The Happening". Durante esta etapa moitas estrelas de Motown queixáronse da atención que Berry Gordy daba a Diana Ross. Entre elas, Martha Reeves foi unha das que máis minimizou o traballo de Ross, dando importancia ás outras dúas compoñentes do grupo. A mediados de 1967 Florence Ballard foi expulsada do grupo e substituída por Cindy Birdsong, compoñente de Patti LaBelle and the Bluebelles. Ballard intentou facer carreira en solitario, mais os seus discos non lograron demasiado éxito e mesmo houbo rumores de boicot por parte de Gordy. Ballard retirouse e morreu dun ataque ao corazón na pobreza en 1976.

Trala saída de Ballard, o grupo pasou a chamarse Diana Ross & The Supremes, iniciando os rumores da carreira en solitario de Diana Ross. En 1967 introduciron na súa música certas influencias psicodélicas, que se poden apreciar en "Reflections", dando ao grupo novamente fama. Porén, nesta etapa soamente se podía observar a Diana Ross, xa que mesmo as outras dús compoñentes nin sequera apenas aparecían nalgunhas cancións como "Love Child" e "Someday We'll Be Together".

En novembro de 1969 Diana Ross comezou a súa carreira en solitario. A súa última actuación co grupo en xaneiro de 1970 en Las Vegas e logo foi substituída por Jean Terrel. O grupo mantívose ata 1977 con éxitos como "Up The Ladder To The Roof", "Stoned Love", "Nathan Jones" e unha colaboración xunto a The Four Tops, "River Deep, Mountain High", canción que anteriormente gravara Tina Turner co produtor Phil Spector. Nesta última época pasaron por The Supremes novas compoñentes: Lynda Laurence, Scherrie Payne e Susaye Greene; a única compoñente orixinal que se mantivo ata o fin do grupo foi Mary Wilson.

Compoñentes de The Supremes

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]
The Supremes
  • Meet The Supremes (1963)
  • Where Did Our Love Go? (1964)
  • A Bit of Liverpool (1964)
  • The Supremes Sing Country Western & Pop (1965)
  • We Remember Sam Cooke (1965)
  • More Hits by The Supremes (1965)
  • At the Copa (1965)
  • Merry Christmas (1965)
  • I Hear a Symphony (1966)
  • The Supremes A' Go-Go (1966)
  • Sing Holland-Dozier-Holland (1967)
  • The Supremes Sing Rodgers & Hart (1967)
Diana Ross & The Supremes
  • Reflections (1968)
  • Funny Girl (1968)
  • Diana Ross & The Supremes Join The Temptations (1968)
  • Live at London's Talk of the Town (1968)
  • Love Child (1968)
  • T.C.B. (1968)
  • Let the Sunshine In (1969)
  • Together (1969)
  • Cream of the Crop (1969)
  • On Broadway (1969)
  • Farewell! (1970)
The Supremes
  • Right On (1970)
  • The Magnificent 7 (1970)
  • New Ways But Love Stays (1970)
  • The Return of the Magnificent Seven (1971)
  • Touch (1971)
  • Dynamite (1971)
  • Floy Joy (1972)
  • The Supremes Arranged and Produced by Jimmy Webb (1972)
  • The Supremes (1975)
  • High Energy (1976)
  • Mary, Scherrie and Susaye (1976)
  1. Bronson, Fred: The Billboard Book of Number 1 Hits, page 265. Billboard Books, 2003.
  2. Unterberger, Richie. "The Supremes". Allmusic. Consultado o 4 de xullo de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]