Beatlemanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Beatlemanía é un termo que se utilizou durante a década dos anos '60, para describir o intenso frenesí demostrado especialmente polos mozos adolescentes dirixido a The Beatles nos primeiros anos do seu éxito.

Beatlemanía no Reino Unido[editar | editar a fonte]

The Beatles eran coñecidos no Reino Unido debido ás súas actuacións no club de rock and roll The Cavern Club.[1] A banda fixo a súa primeira aparición no club o 7 de agosto de 1957, baixo o nome de The Quarrymen.[1] Aí interpretaban temas de rock and roll e cancións que pronto serían éxitos como Love Me Do. As súas actuacións eran un éxito, chegando a ser vistos por máis dun centenar de persoas e ser o grupo máis pedido polos espectadores.[2]

O 26 de novembro de 1962 a banda gravou o sinxelo, "Please Please Me",[3] que chegou ao número un na lista do NME. O seguinte sinxelo, "From Me to You", publicado o 11 de abril de 1963, si chegou finalmente ao número un nas catro listas máis importantes do Reino Unido. A primeira aparición da banda en televisión foi no programa People and Places, transmitido en vivo o 17 de outubro de 1962, onde The Beatles interpretaron cancións como "Love Me Do" e "Ooh! My Soul".[4] A súa popularidade seguiu crecendo desenfreadamente, ata tal punto, que este suceso foi alcumado pola prensa co nome de "Beatlemanía".

Conquista dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: The Beatles nos Estados Unidos.
Véxase tamén: Invasión Británica.
The Beatles arribando nos Estados Unidos por primeira vez, o 7 de febreiro de 1964.

The Beatles tomaron o seu primeiro voo aos Estados Unidos o 7 de febreiro de 1964,[5] acompañados por fotógrafos e xornalistas (incluída Maureen Cleave) para cubrir o evento. Arribaron no recentemente rebautizado Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York, onde foron recibidos por preto de 4000 fans..[6]

Fixeron a súa primeira aparición televisiva americana no programa The Ed Sullivan Show o 9 de febreiro de 1964, sendo vistos por aproximadamente 74 millóns de espectadores -case a metade da poboación estadounidense naqueles intres-.[7] Dous días máis tarde, o 11 de febreiro de 1964, actuaron no Washington Coliseum da capital dos Estados Unidos, no que foi o primeiro concerto que deron en chan americano.[8]

Despois do éxito que os Beatles estaban tendo en 1964, Vee-Jay Records e Swan aproveitaron os dereitos que posuían sobre as primeiras gravacións do grupo, para volvelas a editar; todos estes temas alcanzarían esta vez o Top-10 estadounidense. Tres sinxelos publicados por Capitol Records do Canadá (que empezou a editar tamén discos dos Beatles en febreiro de 1963) e que foron importados aos Estados Unidos, venderon a suficiente cantidade como para lograr subir ás listas estadounidenses de éxito. O primeiro sinxelo dos Beatles, "Love Me Do" (na versión de Andy White á batería), foi editado polo subselo de Vee Jay, Tollie Records, logrando alcanzar o nº 1 nas listas de Billboard.[9] MGM e Atco sacaron tamén proveito dos seus dereitos sobre as temperás gravacións dos Beatles con Tony Sheridan, tendo éxitos menores con "My Bonnie" e "Ain't She Sweet", esta última con John Lennon como vocalista principal.

En xullo de 1965, a "Beatlemanía" viviu un dos seus puntos máis altos durante o seu famoso concerto no Shea Stadium. Moitas adolescentes e mulleres foron vistas chorando, gritando, e ata desmaiadas. O son era tan enxordecedor que ningún de The Beatles (ou calquera outra persoa) podían escoitar. Nin os amplificadores Vox de 100 watts deseñados especialmente para esta xira estaban o suficientemente fortes ou preto, así que utilizaron sistemas de amplificación caseiros para a ocasión. John Lennon describiu o ruído como "salvaxe" e tamén dúas veces máis enxordecedor que calquera outro show que The Beatles realizaran.

Final[editar | editar a fonte]

The Beatles con Jimmy Nicol en víraa por Australia (1964).

A piques de comezar a terceira xira polos Estados Unidos, atopáronse coa reacción furibunda de grupos relixiosos e conservadores daquel país a un comentario que Lennon fixera o marzo pasado: nunha entrevista coa xornalista británica Maureen Cleave, Lennon opinara que a relixión cristiá estaba por entón en franco declive, e que The Beatles eran nese momento máis populares que Xesucristo. Pouco despois, unha emisora de radio de Birmingham, Alabama, fixo circular a historia da queima de discos dos Beatles, no que se consideraba era unha broma. Con todo, algunha xente afiliada coas igrexas rurales do sur de Estados Unidos empezou a tomarse en serio dita historia, comezando a queimar os discos de The Beatles en prazas públicas de varias cidades estadounidenses como protesta ao comentario de Lennon. Baixo a intensa presión dos medios de comunicación daquel país.

Lennon tivo que desculparse publicamente polo seu comentario nunha conferencia de prensa en Chicago o 11 de agosto de 1966, véspera da primeira actuación do grupo na que chegaría a ser a última xira que darían The Beatles na súa carreira. O luns día 29 de agosto de 1966 The Beatles deron o seu último concerto nun estadio. Ese día tocaron no Candlestick Park de San Francisco ante aproximadamente 25 000 persoas (o estadio tiña capacidade para 42 500) e a quenda de cancións durou soamente 33 minutos. Ás 9:27 da noite comezou a quenda de The Beatles, que incluíu as seguintes cancións:

The Beatles nunha presentación en Alemaña (1964).

O concerto foi gravado en case a súa totalidade a petición de Paul, quedando fóra soamente unha canción xa que quedaron sen cinta. Houbo outro concerto en vivo, tres anos e medio despois (The Rooftop Concert), pero o de San Francisco cóntase como o último por ser organizado nun estadio e con venda de entradas ao público.

A decisión de terminar coas xiras xa fora tomada. Todos os membros de The Beatles sabían que este show era o último, e talvez por iso John levou consigo ao escenario unha cámara de fotos coas que retratou aos membros da banda.

A promoción do álbum de Capitol Yesterday and Today chegou a causar gran controversia en Estados Unidos, ao mostrar o disco unha portada cos membros da banda vestidos de carniceiros e rodeados de pezas de carne e bonecas de plástico mutiladas. Pronto se tivo que substituír a portada por outra máis convencional. Xa sen ter que facer xiras mundiais nin presentarse en televisión, os Beatles, enfocáronse no estudio e crearon un dos mellores álbums de todos os tempos, Revolver, contando coa produción de George Martin, foi moi innovador na súa época por contar cunha gran portada, sos de guitarra reproducidos ao revés ademais do rock psicodélico e a súa entrada na cultura pop occidental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Hill (2007) p10
  2. Thiessen, Dr. Bruce L. The Phantom Tollbooth, ed. "Before they Were the Beatles". Arquivado dende o orixinal o 16-12-2012. Consultado o 31-12-2012. 
  3. Sierra i Fabra (1995), pág. 70
  4. HeyJude (21-marzo-1998). "The Beatles: Unreleased Videos". Arquivado dende o orixinal o 28-12-2009. Consultado o 31-12-2012. 
  5. Sierra i Fabra (1995), pág. 113
  6. Spitz, 2005, p. 459
  7. Kozinn, Allan (06-febrero-2004). "CRITIC'S NOTEBOOK; They Came, They Sang, They Conquered". The New York Times. Consultado o 07-07-2009. 
  8. Sierra i Fabra (1995), pág. 115
  9. Harry (2000), páx. 689

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]