The Sims 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Sims 4
Logo of The Sims 4.svg
Desenvolvedor(es) The Sims Studio
EA Salt Lake
Maxis Label
Distribuidora(s) Electronic Arts
Director(es) Rachel Franklin
Lucy Bradshaw
Produtor(es) Lyndsay Pearson
Shannon Copur
Deseñador(es) Ray Mazza
Motor The Sims 4 Engine
Lanzamento 2 de setembro do 2014 (América)
4 de setembro do 2014 (Europa)
17 de febreiro do 2015 (OS X)
14 de novembro do 2017 (Xbox One e PS4)
Xénero Simulación de vida, Simulación social
Clasificación

PEGI Newpegi 12.svg
ESRB ESRB 2013 Teen.svg

[1]
Plataforma(s) PC,[2] OS X e Xbox One
Formato(s) Distribución dixital, DVD
Controis Teclado, Rato, GamePad
Serie The Sims (saga)
editar datos en Wikidata ]

The Sims 4 é un videoxogo de simulación social e de vida. É a cuarta entrega da serie The Sims. Electronic Arts anunciou o xogo o 6 de maio do 2013,[2] e lanzouse ao mercado para Microsoft Windows o 1 de setembro do 2014 en Estados Unidos, e o 17 de febreiro do 2015 para OS X. Máis tarde en xullo do 2017 anunciouse que The Sims 4 chegaría a Xbox One e a PlayStation 4 o 17 de novembro do mesmo ano, pero cun lanzamento de tres días antes se pre-ordenas a "Deluxe Party Edition".

Sistema de xogo[editar | editar a fonte]

Creación dun Sim[editar | editar a fonte]

É o apartado que sufriu a maior renovación tecnolóxica respecto a entregas anteriores. Por primeira vez permítese modelar ao Sim como se fora unha figura de arxila, facendo clic sobre calquera zona do corpo que se quere cambiar e arrastrando o rato para modificala ao gusto. Practicamente calquera zona do corpo pódese modificar desta forma, dende as orellas e o tamaño da testa ata o tamaño dos pés. Teñen, ademais, dous controis básicos, un que define o tamaño muscular, axustándose automaticamente a masa e o marcado abdominal do Sim e outro que define a súa graxa corporal. E tamén hai unha serie de configuracións corporais predefinidas que se poden escoller como en entregas anteriores. Pero desaparecen opcións presentes na entrega anterior, como a posibilidade de configurar libremente a cor da roupa, o cabelo ou os ollos, volvendo a ter que escoller entre unha colección limitada de cores para cada caso.

Na roupa, no momento do lanzamento podíase definir as vestimentas informal, para roupa cotiá; formal, roupa de etiqueta; deportivo, roupa para facer exercicio; para durmir, roupa interior e pixamas; de festa, roupa que se utilizará para saír de noite, máis desenfadada que a de etiqueta pero máis elegante que a cotiá. Co parche posterior no que se engadiron ao xogo as piscinas, engadiuse o traxe de baño como roupa elixible.

Nos trazos de personalidade, debe escollerse unha aspiración vital entre a variedade dispoñible, e esta colocará un trazo automático de personalidade, e despois hai que escoller outros tres trazos máis da variedade de trazos dispoñibles, que definirán a personalidade, o comportamento e as emocións do Sim. Tamén será posible personalizar a voz e a forma predeterminada de camiñar do Sim.[3]

Xogo no barrio[editar | editar a fonte]

O sistema de xogo recupera certos trazos dos Sims 2, como a carga entre distintas unidades domésticas e a imposibilidade de ver o barrio enteiro como un todo. Divídense os barrios en distintas zonas, cada unha delas con varias unidades domésticas. Un Sim de determinada zona poderá pasear libremente pola rúa no barrio que corresponde a esa zona, pero se quere pasar a unha das unidades domésticas desa zona (ou volver á propia tras unha visita) ou quere pasear pola rúa de outra zona distinta, o xogo terá que facer unha carga. Cando se lanzou o xogo, este non incorporaba a "etapa de vida" infantes, creando queixas dos afeccionados ,[4] aínda que en xaneiro de 2017 foi engadido mediante unha actualización gratuíta.[5]

Á hora de construír nas casas mostrase tamén unha nova interface renovada respecto a entregas anteriores. As habitacións convértense en entidades independentes dentro das casas, e é posible redimensionalas, cambialas de sitio, crealas ou destruílas de forma independente e sen que afecte ao resto da casa, existindo ademais unha colección de habitacións pre deseñadas que se poden colocar e redimensionar ao gusto, acelerando desta forma a construción de casas. Foi criticado no momento do lanzamento a imposibilidade inicial de colocar piscinas nas casas,[4] aínda que esta característica engadiuse nun parche dous meses tralo lanzamento do xogo.

No control do personaxe, simplificase a interface de usuario. As necesidades redúcense a só seis: Vexiga, Fame, Enerxía, Diversión, Interacción social e Hixiene, e o motor do xogo trasladase ao novo sistema de emocións que é a novidade principal da entrega. Dende esta entrega, o comportamento do Sim vese influenciado directamente pola emoción que estean vivindo en cada momento. Seguen presentes os estados de humor que debutaron en The Sims 3, pero agora son eles os que inflúen directamente nas emociones. Tamén o nivel das necesidades inflúe directamente nas emocións. Hai dous tipos de emocións, positivas ou negativas. Entre as positivas encóntranse entre outras Contento, Coqueto, Centrado, Seguro, Inspirado, Vigorizado ou Bromista, e entre as negativas encóntranse Triste, Avergoñado, Confundido, Tenso, Enfadado, Incómodo o Aburrido. Cada unha destas emocións pode estar presente ata en tres grados de intensidade. Tamén está o estado de emoción Normal, que é a ausencia dunha emoción determinada e que non ten efectos sobre o Sim.

Cando un Sim está vivindo unha emoción pode realizar diversas accións con maior ou menor dificultade o aproveitamento. Por exemplo, un Sim coqueto terá máis fácil iniciar interaccións sentimentais con outro Sim que un enfadado. Ademais, a forma de moverse e interactuar do Sim cambia segundo a emoción, por exemplo un Sim tenso tenderá a pechar a porta da neveira dun golpe, camiñar gruñindo e falar con outros Sims de forma malhumorada. Os trazos de personalidade dun Sim influirán directamente na súas emocións, por exemplo un Sim co trazo Alegre pasará automaticamente á emoción Contento con maior frecuencia e un Sim co trazo melancólico pasará automaticamente á emoción Triste. Ao realizar accións no xogo, como comer ou tomar unha ducha, os Sims poden obter estados de humor, que a súa vez inflúen directamente nas emocións e poden aumentar ou diminuír a súa intensidade ou cambialas. O nivel de necesidades do Sim pode xerar estados de humor e estes á súa vez influír nas emocións. Por exemplo, un Sim coa necesidade de Vexiga baixa adquirirá o estado de ganas de ir ao baño, que á súa vez faralle adquirir a emoción Incómodo. No control do Sim inclúese a posibilidade de que o Sim poida realizar ata tres accións compatibles ao mesmo tempo, por exemplo pode estar comendo mentres ve a tele no sofá e está falando cun Sim sentado ao seu lado. E inclúese a novidade dos eventos sociais, distintas situacións como pedir unha cita a un Sim ou celebrar un aniversario, unha voda ou unha festa xenérica que inician un minixogo no que é necesario realizar, a modo de misións, as distintas accións que nos suxire a interface para gañar puntos no evento e obter medallas que darán recompensas ao Sim ou á familia. Por exemplo, nunha cita pedirase ao Sim que interactúe sentado nun banco coa parella ou que lle de un bico, ou lle conte un chiste, etc, ou nunha voda pedirase, obviamente, que os Sims casen, falar cos invitados, cortar unha torta de vodas, bailar, etc. Todo nun prazo de tempo predeterminado ao termo do cal o evento social rematará e recibirase ou non a recompensa. Ademais, como en entregas anteriores, os Sims terán unha serie de desexos que cumprir. Nesta entrega son tres desexos. O primeiro de eles depende da emoción que teñan nese momento, e os outros dous decídense segundo a súa interacción co medio. Un Sim Contento terá, por exemplo, como primeiro desexo darlle unha aperta a alguén e os outros dous desexos poden ser dar un bico a un Sim que teñan cerca ou facer exercicio por ser un do seus trazos Activo. Cumprir os desexos dará puntos de recompensa que se poden cambiar por obxectos ou trazos exclusivos dun catálogo.

A aspiración vital do Sim determinará así unha serie de misións que cumprir ao longo da vida do Sim. Cada aspiración ten catro niveis, cada un cunha serie de misións a cumprir para superalos, e ao superar o cuarto nivel obterá un trazo de personalidade exclusivo non elixible ao crear un Sim, e poderá ademais escoller unha nova aspiración vital para volver a cumprila e obter un novo trazo de personalidade extra se o consegue, e así sucesivamente, non tendo limitación ao número de trazos entre os catro básicos e os exclusivos que pode ter un Sim. Por exemplo, un Sim coa aspiración "Alma xemelga" terá no primeiro nivel que ter dúas citas e ter mozo, mentres que un Sim coa aspiración Sim do Renacemento, no nivel terá que aprender un determinado número de habilidades ata un nivel determinado. Ir superando cada nivel, ademais, irá outorgando puntos de recompensa.

As profesións cambian respecto a entregas anteriores e funcionan cun sistema similar ao das aspiracións vitais. Para ascender nunha profesión será necesario cumprir unha serie de obxectivos. O primeiro de eles aumentar o rendemento ao máximo, e despois dependendo da profesión haberá que cumprir outros obxectivos. Para aumentar o rendemento máis rápido será necesario acudir ao traballo con determinada emoción e realizar unha determinada tarefa diaria segundo a profesión durante un tempo determinado, por exemplo un deportista tenderá que facer exercicio durante un tempo e renderá mellor se acude ao traballo coa emoción Vigorizado, e un Sim informático terá que practicar programación no ordenador un tempo determinado e acudir ao traballo coa emoción Centrado. E entre os obxectivos estará o chegar a determinado nivel dunha habilidade ou realizar determinada acción un número de veces. Cando todos os obxectivos estean cumpridos, o Sim ascenderá ao seguinte nivel de profesión. Como na entrega anterior a lista de habilidades é dinámica e vanse presentando ao Sim segundo as vai aprendendo ao longo da súa vida interactuando co medio. A novidade é que os Sims ao aprender a habilidade a adquiren directamente no rango 1 en lugar de 0, e poden mellorala ata chegar ao 10.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O 25 de abril de 2013, filtráronse na páxina web persoal dun desenvolvedor do videoxogo algunhas capturas de pantalla de prototipos de interface de usuario, destapando de maneira oficiosa o desenvolvemento da cuarta entrega de The Sims.

O 3 de maio de 2013, Electronic Arts enviou un correo electrónico a algúns sitios web indicando que habería un gran anuncio o 6 de maio de 2013, sobre o cal varias personalidades da comunidade especularon que se trataría de The Sims 4. E finalmente, así sucedeu: Ese mesmo día, EA publicou un primeiro logotipo oficial e unha imaxe prerenderizada do xogo. O dominio do sitio TheSims4.com foi activado e redireccionado ao sitio oficial de The Sims.[6]

O videoxogo foi desenvolvido por The Sims Studio, dentro do selo Maxis de EA. O selo Maxis (Maxis Label) formouse en 2012 para englobar as franquías The Sims e SimCity, e nomeouse a Lucy Bradshaw como directora xeral de dita división.

O desenvolvemento principal de The Sims 4 tivo lugar na sede de EA en Redwood Shores, mentres que durante algúns meses de 2013 e principios de 2014, tiveron a asistencia do equipo secundario de The Sims en Salt Lake City. The Sims Studio en Redwood Shores está dirixido por Rachel Franklin, máxima responsable do proxecto de The Sims 4.

Cabe sinalar que, aínda que The Sims Studio encontrase dentro da marca Maxis, este non debe ser confundido con Maxis Emeryville, creadores de SimCity, Spore e The Sims 1 e 2, entre outros xogos. Por outro lado, é certo que a directora da división, Lucy Bradshaw, é unha veterana de Maxis que traballou con Will Wright, creador das tres sagas anteriormente mencionadas. Tamén hai certos desenvolvedores que traballaron en ambos equipos para diferentes xogos.

The Sims 4 foi descrito como un videoxogo onde as opinións da comunidade terán maior relevancia. Tanto é así que o estudio desenvolvedor formou un grupo de afeccionados especial chamado "YibSims" («mellores amigos» en simlish), integrado por algúns dos maiores afeccionados á franquía. Este grupo de afeccionados recibe invitacións a eventos para coñecer de primeira man os contidos de futuros xogos de The Sims.

Características[editar | editar a fonte]

  • Novos Sims: Pódese crear e controlar Sims máis intelixentes, relacionables e emocionalmente diversos.
  • Intelixencia: Os sims moven e actúan máis naturalmente que antes, dende facer multitarefa ata expresar as súas emocións pola súa forma de camiñar. Pódese elixir os seus trazos de personalidade e as súas aspiracións, e explorar a profundidade dos seus desexos de toda a vida a través dos pensamentos, sociabilidade, carreira e recordos.
  • Profundidade emotiva: Por primeira vez, os Sims senten e expresan emocións, e poden experimentar un alcance e profundidade emotiva e ser influenciados por outros Sims, por outras accións, eventos, recordos ou incluso a roupa e obxectos que se elixan.
  • Ferramentas creativas novas - Rediseñouse as ferramentas Crear Un Sim e o Modo Construír. Agora é posible modelar aos Sims de forma táctil, e construír máis intuitivamente habitacións nos fogares.
  • Barrios vibrantes: Novos efectos visuais para a veciñanza dos Sims.
  • Recompensas: Ao completar eventos é posible gañar obxectos, traxes e trazos novos, descubrir coleccionables e desbloquear premios.
  • Compartir creacións: É posible compartir as unidades domésticas con amigos e a comunidade, e descargar as creacións de outros.

Avance[editar | editar a fonte]

O avance foi mostrado por primeira vez o 20 de agosto de 2013 no evento e feira Gamescom en Alemaña, concretamente en Colonia. Pero tamén é visible na páxina web de YouTube. Nun mostrouse "A chegada" e noutro mostrouse como son os novos sims, como son as súas ferramentas creativas e como é a vida neles.

Paquetes de expansión[editar | editar a fonte]

Get to Work[editar | editar a fonte]

O 4 de febreiro do 2015 foi anunciada a primeira expansión para The Sims 4, chamada Get to Work[7] que foi publicada o 31 de marzo en Latinoamérica e o 1 de abril en España.[8]

Esta expansión introduce:

  • Profesións activas: médico, policía e científico.
  • Negocios personalizables
  • Novas habilidades: Fotografía e repostería
  • Nova forma de vida: Extraterrestres
  • Novo barrio: Magnolia Promenade

Get Together[editar | editar a fonte]

O 5 de agosto de 2015, durante a Gamescom, foi anunciada a segunda expansión para The Sims 4, chamada Get Together que se lanzou o 10 de decembro do 2015.[9]

Esta expansión introduce:

  • Unha nova cidade: Winderburg
  • Clubs
  • Novas habilidades: Baile e mesturas musicais
  • Novos lotes comunitarios: Discotecas, cafeterías e piscinas públicas

City Living[editar | editar a fonte]

O 3 de novembro de 2016 púxose á venda a terceira expansión, City Living. Esta expansión centrase na vida nunha cidade cosmopolita e inclúe as seguintes novidades:[10][11]

  • A cidade San Myshuno
  • Un novo tipo de festa: os festivais
  • Apartamentos en edificios que contarán con trazos propios
  • Habilidade canto
  • Novas profesións: Político, crítico e xestor de redes sociais.

Cats & Dogs[editar | editar a fonte]

O 10 de novembro de 2017 púxose á venda a cuarta expansión para The Sims 4, Cats & Dogs. Con esta expansión pódense engadir cans e gatos ás unidades domésticas. Tamén foron agregados como animais do medio aves, mapaches e raposos.[12]

Tamén inclúe as seguintes novidades:

  • Nova cidade: Brindleton Bay
  • Nova carreira profesional: Veterinaria

Paquetes de contido[editar | editar a fonte]

Outdoor Retreat[editar | editar a fonte]

Outdoor Retreat (en español: De acampada): É o primeiro paquete de contido para The Sims 4 e foi lanzado o 13 de xaneiro de 2015. Nel inclúese un novo destino, Granite Falls, obxectos , vestiario novo e novas interaccións e habilidades.[13]

Spa Day[editar | editar a fonte]

Spa Day (en español: Día de spa): É o segundo paquete de contido para The Sims 4 e foi lanzado o 14 de xullo de 2015. Nel inclúese novas pezas de roupa e novo material para construír un spa, como a cadeira de masaxes e baños de barro. Tamén engade a habilidade Benestar que se mellora dando masaxes, facendo ioga ou meditando.[14]

Dine Out[editar | editar a fonte]

Dine Out (en español: Escapada gourmet): É o terceiro paquete de contido para The Sims 4 e foi lanzado o 7 de xuño do 2016. Con el pódense dirixir e visitar restaurantes.[15]

Vampires[editar | editar a fonte]

Vampires (en español: Vampiros): É o cuarto paquete de contido, a súa data de lanzamento foi o 24 de xaneiro do 2017. Os Sims poderán converterse en vampiros con novas pezas de roupa, peiteados, cairos e maquillaxe e alternar entre a súa forma vampírica e normal. O paquete tamén inclúe unha nova cidade, Forgotten Hollow, e novos mobles como un órgano e cadaleitos.[16]

Parenthood[editar | editar a fonte]

Parenthood (en español: Papás y Mamás): É o quinto paquete de contido de The Sims 4. A súa data de lanzamento foi o 30 de maio do 2017. Con este paquete introdúcese a habilidade "Aptitude parental" que permite aos sims adultos interactuar cos infantes, nenos e adolescentes de maneiras que inflúen no seu crecemento, isto vese reflexado nunha sección do menú chamada "Forxa do carácter". O paquete tamén inclúe novos obxectos e vestiario.[17]

Paquetes de accesorios[editar | editar a fonte]

Luxury Party[editar | editar a fonte]

Luxury Party[18] (en español: Fiesta glamurosa): É o primeiro paquete de accesorios para The Sims 4 e foi lanzado o 19 de maio de 2015 . Este paquete centrase na realización de festas engadindo varios vestidos, traxes e maquillaxe así como mobiliario. Incorpora a "mesa de banquetes" xa vista en anteriores entregas.[19]

Perfect Patio[editar | editar a fonte]

Perfect Patio[20] (en español: Patio de ensueño): É o segundo paquete de accesorios para The Sims 4 e foi lanzado o 16 de xuño de 2015 . Inclúe bañeiras de hidromasaxe, que por primeira vez na saga de the sims poden ser utilizadas polos nenos, tamén inclúe unha nova grella e unha nova barra así como mobles e roupa para realizar festas no patio dunha casa.[21][22]

Cool Kitchen[editar | editar a fonte]

Cool Kitchen (en español: Cocina divina): É o terceiro paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 11 de agosto de 2015 . Na actualización gratuíta anterior xa se incluía unha lavalouza e co paquete de accesorios introdúcese unha máquina coa que se pode facer 30 sabores de xeados, tamén distintos accesorios e electrodomésticos para facer a cociña. Hai peiteados e pezas de roupa para que se vexan xeniais coa cociña.[23]

Spooky Stuff[editar | editar a fonte]

Spooky Stuff (en español: Escalofriante): É o cuarto paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 29 de setembro de 2015 . Trae un novo tipo de festa no que podes gozar da travesa fonte de chuches terrorífica ao igual que novos traxes como pirata, ninja, superllama ou fada, entre moitas outras cousas que poderás gozar deste pack de accesorios.[24]

Movie Hangout[editar | editar a fonte]

Movie Hangout (en español: Noche de cine): É o quinto paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 12 de xaneiro de 2016 . Este Pack de Accesorios inclúe unha pantalla de proxeccións e unha máquina de flocos de millo entre as súas novidades, así como novas pezas de roupa e peiteados. Para os que querían ver películas en The Sims 4, este paquete trae 10 películas orixinais.[25]

Romantic Garden[editar | editar a fonte]

Romantic Garden[26] (en español: Jardín romántico): É o sexto paquete de accesorios para The Sims 4 foi lanzado o 9 de febreiro de 2016 , inclúe o pozo dos desexos "Soños Murmurados", o parque "Xardíns Perdidos da Curación", que ten un contorno romántico e unha nova emisora de radio de estilo barroco.[27]

Kids room stuff[editar | editar a fonte]

Kids room stuff (en español: Cuarto de niños): É o sétimo paquete de accesorios de The Sims 4. Foi lanzado o 28 de xuño de 2016 e inclúe, entre outras cousas, unha nova vídeoconsola, unha colección de cartas infantís, un teatro de marionetas, e roupa e peiteados novos.[28][29]

Backyard stuff[editar | editar a fonte]

Backyard stuff (en español: Diversión en el patio): É o oitavo paquete de accesorios de The Sims 4. O seu lanzamento foi o 19 de xullo do 2016 e entre outras cousas inclúe, novos obxectos decorativos, pezas de roupa e material de xogo como un tobogán de piscinas ou unha caseta de paxaros.[30][31]

Vintage Glamour[editar | editar a fonte]

Vintage Glamour (título en español: Glamour Vintage): É o noveno paquete de accesorios de The Sims 4. Estreouse o 6 de decembro do 2016. Este paquete inclúe roupa e accesorios da época dourada de Hollywood (entre os anos 30 e 50), un moble bar, un tocador e a posibilidade de contratar un mordomo.[32][33]

Bowling Night Stuff[editar | editar a fonte]

Bowling Night Stuff (en español: Noche de bolos): É o décimo paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 29 de marzo de 2017 . Con el pódense engadir pistas de birlos e outros obxectos relacionados coa temática. Tamén engade unha nova habilidade relacionada cos birlos, unha emisora de radio e novos peiteados e pezas de roupa.[34][35]

Fitness[editar | editar a fonte]

Fitness: É o undécimo paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 20 de xuño de 2017 . Inclúe novos artigos como a máquina de exercicio "escalada infinita", vídeos de adestramento e auriculares. Tamén se inclúe roupa e accesorios de fitness.[36]

Toddler[editar | editar a fonte]

Toddler (en español: Infantes): É o duodécimo paquete de accesorios para The Sims 4, foi lanzado o 24 de agosto de 2017 . Engade novos obxectos, pezas de roupa e peiteados para os infantes, así como un novo evento: "Quedadas para xogar".[37][38]

Edición de consola[editar | editar a fonte]

O 26 de xullo do 2017 confirmouse que The Sims 4 saltaría ás consolas unha vez máis, da man de Xbox One e de Playstation 4. Traendo como novidade a integración de expansións como a súa versión de ordenadores, este sairía á venda o 14 de novembro do mesmo ano, aos usuarios que sexan membros de EA Access.

The Sims estará desenvolvido por outra empresa polo que non interferirá coa versión de PC, este terá dispoñible a versión de pre-orde: Deluxe Party Edition, a cal inclúe gratis un paquete de expansión e os contidos dixitais incluídos na versión Deluxe de Origin.

EA confirmou que esta versión será exactamente igual á de ordenador, sendo esta a primeira vez que isto pasa, posto que as versións de consola solen ser moderadamente ou en ocasións na súa totalidade diferente.

The Sims 4 consola inclúe de forma predeterminada todas as actualizacións e é fusionado coa expansión "Get To Work", a diferenza da versión de PC non se inclúen as profesións interactivas e tampouco poderanse utilizar contidos personalizados.

Contido adicional descargable[editar | editar a fonte]

Nome Data de saída Descrición
Recompensas NA : 2 de setembro do 2014
EU : 4 de setembro do 2014
Contido de bonificación para os propietarios dos paquetes de expansión de The Sims 3.
Digital Deluxe Life of the Party (en español: Alma de la fiesta) NA : 2 de setembro do 2014
EU : 4 de setembro do 2014
Incluídos na Edición Deluxe en adíante. Engade a Barra Tiki flamexante e traxes adicionais.
Awesome Animal Hats (en español: Sombreros impresionantes de animales) Incluídos na Edición Deluxe en adíante. Engade unha colección de sombreiros de animais.
Up All Night (en español: Para arriba toda la noche) Incluídos na Edición Deluxe en adíante. Engade o espectáculo de luz láser, pintura da cara, decoracións de festa e traxes adicionais, dous tipos novos de festa, e novas receitas de cociña.
Holiday Celebration Pack (en español: Celebración de fiesta Pack) WW : 16 de decembro do 2014 Un paquete de contido descargable gratuíto. Engade decoracións de inverno e traxes.
Grim's Ghoulish Guitar (en español: Guitarra Melodías Macabras)[39] WW : 17 de agosto do 2016 Contido de bonificación por rexistrar o correo electrónico.

Recepción[editar | editar a fonte]

O xogo foi recibido con diversas opinións por parte da crítica, obtendo unha puntuación de 71 sobre 100[40] e 69.37%[41] nos agregadores de opinións Metacritic e GameRankings, respectivamente.

Recepción
Puntuacións agregadas
Agregador Puntuación
GameRankings 68.65%[42]
Metacritic 70/100[43]
Puntuacións
Publicación Puntuación
Eurogamer 7/10[44]
Game Informer 6.75/10[45]
Game Revolution 3.5/5 estrelas[47]
GameSpot 6/10[52]
GamesRadar 3/5 estrelas[46]
GameTrailers 6.5/10[48]
IGN 7.5/10[49]
Joystiq 3.5/5 estrelas[50]
Maximum PC 8/10
PC Gamer (US) 79/100[51]
Polygon 6.5/10[53]
Hardcore Gamer 2.5/5[54]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Sims 4". Electronic Arts. Consultado o 3 de febreiro do 2014. 
  2. 2,0 2,1 "Maxis Unveils The Sims 4". ea.com. 6 de maio do 2013. Consultado o 6 de maio do 2013. 
  3. Análises de The Sims 4 en Meristation (en español)
  4. 4,0 4,1 S.L., MERISTATION MAGAZINE, (8 de xullo do 2014). "EA responde ás queixas por quitar piscinas en The Sims 4". Meristation (en español). Consultado o 14 de xaneiro do 2017. 
  5. "The Sims - Unha gran "pequeactualización": ¡The Sims 4 xa ten infantes! - Sitio oficial". Consultado o 14 de xaneiro do 2017. 
  6. "The Sims 4". Electronic Arts. Consultado o 6 de maio do 2013. 
  7. https://www.thesims.com/es_ES/news/get-to-work
  8. "The Sims 4: Get to Work - Sitio oficial" (en español). Consultado o 9 de xullo do 2016. 
  9. "Los Sims 4 ¿Quedamos?: todo lo que debes saber". pekesims.com (en español). 
  10. "Los Sims 4: Urbanitas – Toda la Información" (en español). 13 de setembro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2016. 
  11. "Los Sims - ¡Los Sims 4 Urbanitas está al caer! - Sitio oficial" (en español). Consultado o 27 de setembro do 2016. 
  12. "Los Sims - ¡Los Sims 4 Perros y Gatos llega en noviembre! - Sitio oficial" (en español). Consultado o 14 de outubro de 2017. 
  13. Los Sims™ 4 De Acampada (en español)
  14. "Los Sims - Detalles del producto - Los Sims™ 4 Día de Spa - Sitio oficial" (en español). Consultado o 15 de xullo do 2015. 
  15. "Los Sims - Construid, abrid y dirigid restaurantes en Los Sims 4 Escapada Gourmet Pack de Contenido - Sitio oficial" (en español). Consultado o 9 de xullo do 2016. 
  16. "Los Sims - ¡Vivid eternamente con Los Sims 4 Vampiros Pack de Contenido! - Sitio oficial" (en español). Consultado o 13 de xaneiro de 2017. 
  17. "Toda la información sobre Los Sims 4: Papás y Mamás" (en español). 16 de maio do 2017. Consultado o 5 de xuño do 2017. 
  18. "The Sims 4 Luxury Party Stuff: New Details". Sims VIP (en inglés). Consultado o 17 de maio do 2015. 
  19. "¡La próxima semana llega Los Sims 4 Fiesta Glamurosa y estáis todos cordialmente invitados!" (en español). 13 de maio do 2015. Consultado o 17 de maio do 2015. 
  20. "The Sims 4 Perfect Patio Stuff: Details". Sims VIP (en inglés). Consultado o 13 de xuño do 2015. 
  21. "Los Sims - ¡A la bañera de hidromasaje! La semana que viene llega Los Sims 4 Patio de Ensueño Pack de Accesorios - Sitio oficial" (en español). Consultado o 22 de xuño do 2015. 
  22. "Los Sims - Ocho razones que hacen alucinantes las bañeras de hidromasaje de Los Sims 4 Patio de Ensueño Pack de Accesorios - Sitio oficial" (en español). Consultado o 22 de xuño do 2015. 
  23. "Los Sims - ¡Alegría, fans de la gastronomía! ¡Los Sims 4 Cocina Divina Pack de Accesorios está a la vuelta de la esquina!" (en español). Consultado o 30 de xullo do 2015. 
  24. "Los Sims - Preparaos para pasarlo de miedo en Los Sims 4 Escalofriante Pack de Accesorios,disponible próximamente¡" (en español). Consultado o 23 de setembro do 2015. 
  25. "Los Sims - ¡Hora de ver una peli! La semana que viene llega Los Sims 4 Noche de Cine Pack de Accesorios de miedo en Los Sims 4" (en español). Consultado o 7 de xaneiro de 2016. 
  26. "The Sims 4 Romantic Garden Stuff Game Guide". SimsVIP (en inglés). Consultado o 30 de agosto do 2017. 
  27. "Los Sims - El amor está en el aire con Los Sims 4 Jardín Romántico Pack de Accesorios" (en español). Consultado o 6 de febreiro do 2016. 
  28. "Los Sims - ¿Lleváis un niño dentro? ¡Echad un vistazo a Los Sims 4 Cuarto de Niños Pack de Accesorios! - Sitio oficial" (en español). Consultado o 17 de xullo do 2016. 
  29. Alfonso. "Los Sims 4 Cuarto de Niños: todo lo que debes saber" (en español). Consultado o 17 de xullo do 2016. 
  30. "Los Sims - Disfrutad al sol con Los Sims 4 Diversión en el Patio Pack de Accesorios - Sitio oficial" (en español). Consultado o 17 de xullo do 2016. 
  31. "Toda la información: Los Sims 4 Diversión en el Patio". Rincón del Simmer (en español). 13 de xullo do 2016. Consultado o 17 de xullo do 2016. 
  32. "Los Sims - Vuelve a lo clásico con Los Sims 4 Glamour Vintage Pack de Accesorios - Sitio oficial" (en español). Consultado o 30 de novembro do 2016. 
  33. "Los Sims 4: Glamour Vintage – Toda la información" (en español). 30 de novembro do 2016. Consultado o 30 de novembro do 2016. 
  34. "Los Sims - ¡Acudid a las pistas con Los Sims 4 Noche de Bolos Pack de Accesorios! - Sitio oficial" (en español). Consultado o 4 de abril do 2017. 
  35. "Toda la información sobre Los Sims 4: Noche de Bolos" (en español). 22 de marzo do 2017. Consultado o 4 de abril do 2017. 
  36. "Los Sims - ¡Haceos ya con Los Sims 4 Fitness Pack de Accesorios y preparaos para sudar! - Sitio oficial" (en español). Consultado o 20 de xuño do 2017. 
  37. "Toda la información sobre Los Sims 4: Infantes Pack de Accesorios" (en español). 15 de agosto do 2017. Consultado o 14 de outubro do 2017. 
  38. "Los Sims - ¡Se avecinan más momentos adorables con Los Sims 4 Infantes Pack de Accesorios, disponible próximamente! - Sitio oficial" (en español). Consultado o 14 de outubro do 2017. 
  39. "Los Sims - ¿Queréis marcaros un rock con la guitarra melodías macabras? - Sitio oficial" (en español). 18 de agosto do 2016. Consultado o 15 de decembro do 2017. 
  40. "The Sims 4 at Metacritic". Metacritic (en inglés). Consultado o 10 de setembro do 2010. 
  41. "The Sims 4 at Metacritic". GameRankings (en inglés). Consultado o 10 de setembro do 2010. 
  42. "The Sims 4". GameRankings.com. Consultado o 7 de setembro de 2014. 
  43. "The Sims 4". Metacritic. 
  44. Paul, Dean (10 de setembro do 2014). "The Sims 4 Review: Same as it ever was?". Eurogamer. Consultado o 10 de setembro do 2014. 
  45. Wallace, Kimberley (5 de setembro do 2014). "The Sims 4". Game Informer. Consultado o 7 de setembro do 2014. 
  46. "The Sims 4 Review:". GamesRadar. 9 de setembro do 2014. Consultado o 9 de setembro do 2014. 
  47. "The Sims 4 Review". GameRevolution. Consultado o 7 de setembro do 2014. 
  48. "The Sims 4 Review:". GameTrailers. 9 de setembro do 2014. Consultado o 9 de setembro do 2014. 
  49. "The Sims 4 - La nuova famiglia". IGN Italia. 8 de setembro do 2014. Consultado o 9 de setembro do 2014. 
  50. "The Sims 4 Review:". Joystiq. 9 de setembro do 2014. Consultado o 9 de setembro do 2014. 
  51. Thursten, Chris (9 de setembro do 2014). "The Sims 4 review". PC Gamer. Consultado o 9 de setembro do 2014. 
  52. VanOrd, Kevin (10 de setembro do 2014). "The Sims 4 review". GameSpot. Consultado o 10 de setembro do 2014. 
  53. VanOrd, Kevin (10 de setembro do 2014). "The Sims 4 review: Skin Deep". Polygon. Consultado o 10 de setembro do 2014. 
  54. Cooper, Lee (3 de setembro do 2014). "Review: The Sims 4". Hardcore Gamer. Hardcore Gamer. Consultado o 29 de setembro do 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]