The Mexican
| The Mexican | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||
The Mexican é un filme estadounidense dirixido por Gore Verbinski que se estreou no 2001.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Jerry Welbach acaba de recibir dous ultimatos: o primeiro do seu xefe, un mafioso que lle encarga viaxar a México para recuperar unha antiga e valiosa pistola chamada La Mexicana, e o segundo da súa moza Samantha, esixíndolle que poña fin á súa relación coa mafia. Jerry pensa que seguir vivo é o máis importante, aínda que iso supoña ter problemas con Samantha, así que vai a México. Aínda que atopa doadamente a arma, levarlla ó seu xefe é un asunto máis complicado. Sobre a pistola pesa unha maldición lendaria, xa que foi o regalo de voda que un rico terratenente lle fixo á súa filla, que morreu en tráxicas circunstancias. Cando un asasino a soldo secuestra a Samantha para facerse coa pistola, Jerry terá motivos para crer na maldición.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Brad Pitt como Jerry Welbach
- Julia Roberts como Samantha Barzel
- James Gandolfini como Winston Baldry
- J. K. Simmons como Ted Slocum
- Bob Balaban como Bernie Nayman
- Sherman Augustus como Home negro ben vestido (O auténtico Leroy)
- Michael Ceveris como Frank
- David Krumholtz como Beck
- Gene Hackman como Arnold Margolese
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)