Tezcatlipoca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tezcatlipoca.

Tezcatlipoca, deidade mesoamericana. Señor do ceo e da terra, fonte de vida, tutela e amparo do home, orixe do poder e a felicidade, dono das batallas, omnipresente, forte e invisible.

Outro dos nomes de Tezcatlipoca era Yohualtecuhtli.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Entre os Toltecas, era un deus maléfico da morte, que descendeu do ceo á terra valéndose dunha tea de araña, para destruír a obra de Quetzalcóatl, a quen se lle apareceu baixo o aspecto dun vello que lle ofreceu a brebaxe da inmortalidade, pero esta era en realidade unha bebida que conducía á tolemia.

Entre os náhuatls (aztecas e outros pobos de fala náhuatl), Quetzalcóatl e Tezcatlipoca son deidades xemelgas e ao mesmo tempo antagónicas. Quetzalcóatl é chamado tamén Tezcatlipoca branco en tanto que a cor de Tezcatlipoca é o negro.

Nunha das lendas náhuatls da creación, Tezcatlipoca e Quetzalcóatl crearon o mundo. Existía só un océano primixenio, onde unicamente vivía o monstro da terra, Cipactli, Tezcatlipoca ofreceu o seu pé como reclamo, e o monstro da terra emerxeu e comeullo. Entón, Tezcatlipoca e Quetzalcóatl apoderáronse del, e estendérono para convertelo na terra. Os seus múltiples ollos convertéronse en estanques e lagoas, e as súas fosas nasais son as covas. Para resarcir o dano que lle fixeron ao monstro da terra, Tezcatlipoca esixe sacrificios humanos.

Tezcatlipoca represéntase cunha franxa negra no rostro e nunha perna mostra un óso exposto onde debería estar o pé. É representado como un xaguar.

Unha das cerimonias máis importantes da relixión azteca consistía no sacrificio dun mozo que representaba a Tezcatlipoca. Un voluntario ofrecíase para ser sacrificado e durante un ano era tratado coma un deus na terra, percorría as rúas tocando a frauta e sendo adorado. Ao final do ano, debía subir ao templo, rompendo catro frautas que representaban os puntos cardinais. Finalmente recostábase sobre a pedra do sacrificio e extraíaselle o corazón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carolyn E. Boyd, Kim Cox (2016). The White Shaman Mural: An Enduring Creation Narrative in the Rock Art of the Lower Pecos. University of Texas Press. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Olivier, Guilhem, Tezcatlipoca. Burlas y metamorfosis de un dios azteca, 2005, México, ISBN 968-16-7336-0.