Yohualtecuhtli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Representación de Yohualtecuhtli no Códice borbónico.

Yohualtecuhtli (en náhuatl "señor da noite") era un dos nomes para o deus azteca do sol da noite, Tezcatlipoca. Atópase representado no Códice Borgia e no Códice borbónico.[1][2]

Yohualtecuhtli representa o sol da noite no inframundo e na iconografía era debuxado adornado cun casco de veado, que era asociado a rapidez e axilidade, atado ó seu nocello dereito.[2][3]

Este deus asóciase con varios astros, como Venus e Saturno.[2]

O deus Yohualtecuhtli era o patrón do onceavo día da semana de trece días.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fuente, Beatriz de la (1995). "Extracto". La pintura mural prehispánica en México (en castelán). UNAM. p. 267. ISBN 9789683647412. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Boyd, Carolyn E. & Cox, Kim (2016). "Extracto". The White Shaman Mural: An Enduring Creation Narrative in the Rock Art of the Lower Pecos (en inglés). University of Texas Press. p. 172. ISBN 9781477310304. 
  3. Tarver, H. Micheal; Slape, Emily (2016). "Aztec Stone of the Sun". The Spanish Empire: A Historical Encyclopedia (en inglés). ABC-CLIO. p. 136. ISBN 9781440845703. 
  4. Nowotny, Karl Anton (2005). "Extracto". Tlacuilolli: Style and Contents of the Mexican Pictorial Manuscripts with a Catalog of the Borgia Group (en inglés). University of Oklahoma Press. pp. 358 e 184. ISBN 9780806136530.