Terpandro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTerpandro
Biografía
Nacemento712 a. C. Editar o valor em Wikidata
Antissa, Grecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte645 a. C. Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Esparta, Grecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , músico , deportista Editar o valor em Wikidata
AlumnosPericleitus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 86241091 Editar o valor em Wikidata

Terpandro (en latín Terpander, en grego antigo Τέρπανδρος "Térpandros") foi un músico e poeta nado en Antisa, na illa de Lesbos, que viviu na primeira metade do século -VII aproximadamente. Considérase o pai da música grega clásica e da lírica, aínda que a información que se conserva ata hoxe sobre as súas innovacións na música é moi incompleta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Antisa, en Lesbos, segundo Píndaro, Plutarco, Clemente de Alexandría e outros, a cidade que mostraba a tumba de Orfeo e onde os reiseñores cantaban con máis dozura que en ningún outro lugar, probabelmente no seo dunha familia de músicos que preservaba tradicións que se supón que descendían dos bardos de Pieria. Algunhas fontes fan del descendente de Hesíodo, segundo di a Suídas. Conectou os diferentes sistemas musicais das rexións gregas tentando sintetizar os diferentes estilos musicais existentes.

O seu pai supostamente chamábase Derdeneo. Outras tradicións fano fillo de Boe, de Foceo ou de Homero, segundo a Suídas. Algunhas informacións tamén conservadas por Suídas fano nacer en Arne en Beocia ou Cime en Eolia, que son cidades que tiñan colonias en Lesbos, e poderían considerar a Terpandro entre os seus cidadáns. Crese que na XXVI Olimpíada, é dicir, no ano -676, se estableceron os primeiros concursos musicais nas festas de Apolo Carneo, as Carneas, en Esparta e Terpandro foi o gañador. A data quizais non sexa exacta porque non se sabe en que ano se constituíu o festival, pero en todo caso non moi lonxe. Ateneo de Naucratis di que Terpandro era máis vello que Anacreonte, e Xerome de Estridón sitúao na época de Licurgo[1].

Por motivos descoñecidos, trasladouse de Lesbos a Esparta, onde introduciu o seu novo sistema de música e a primeira escola musical (κατάστασις katástasis) de Grecia, segundo Plutarco. Unha das cousas que fixo Terpandro foi modificar a lira e é moi probábel que fose el xunto con Cepión[2][1], quen a fixo pasar de catro a sete cordas, iniciando a escala diatónica. Plutarco di que fixou o ritmo dos versos de Homero ás características da lira, e que cantaba os versos homéricos en concursos musicais. Adaptou tamén antigo ritmos tradicionais á nova escala musical. A súa música empregouse durante moito tempo para acompañar himnos relixiosos en Esparta e en toda Grecia. Só se conservan algúns fragmentos dela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Terpander en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 1002-1005
  2. Enciclopedia Espasa Volum núm. 12, páx. 1129. (ISBN 84-239-4512-X)