Teresa Táboas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teresa Táboas
Teresa Táboas.png
Nacemento1961
Lugar de nacementoCidade de México
NacionalidadeMéxico e España
Alma máterUniversidade Nacional Autónoma de México
Ocupaciónarquitecta e política
editar datos en Wikidata ]

María Teresa Táboas Veleiro, nada en Cidade de México en 1961, é unha arquitecta e política galega. Foi Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrevista en Nós Televisión

Naceu na Cidade de México no ano 1961, filla de emigrantes ourensáns do Carballiño e Beariz.[1] Táboas é a maior de catro irmáns.[2]

Pasadas as primeiras etapas de estudo, inclinouse pola Arquitectura, tendo a Luis Barragán como mestre. Rematada a carreira, volta á terra dos seus pais na que traballa durante seis anos no estudio de César Portela, traballando durante dous anos no concello de Marín.[3]

En 1990 independízase do estudo de Portela fundando un estudio de seu,[4] o Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, dende o que vén desenvolvendo numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.

Obtivo o doutoramento cunha tese de doutoramento dirixida polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón titulada El Color en Arquitectura.

Entre 1999 e 2003 foi presidenta da delegación pontevedresa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo elixida o 15 de maio do 2003 a primeira muller presidenta-decana do COAG.[5] Tamén forma parte como conselleira do Consello Superior dos Arquitectos Españois, sendo a segunda muller que ocupa este cargo dende que se fundou a institución en 1931. Pertence a 2 comisións consultivas do Parlamento Europeo en representación de España, unha delas sobre arquitectura sostíbel.[6] Deputada da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia,[7] ocupou a consellería de vivenda da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.

En 2021 entra a formar parte do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA).[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É nai de dous fillos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Consellería de nova creación
Escudo de Galicia.svg
Conselleira de Vivenda

2005-2009
Sucesor:
Consellería desaparecida