Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Un teratoma (do grego teras, teratos "pesadelo", "monstro", e -oma "tumor", "inchazón") é un tumor encapsulado con compoñentes de tecidos ou órganos que lembran ós derivados normais das tres capas xerminais. Son raras as ocasións nas que non se poden identificar as tres capas á vez. Os tecidos do teratoma, aínda que son normais en si mesmos, poden ser moi distintos dos tecidos que os rodean. Informáronse de teratomas que conteñen pelo, dentes, óso, e moi raramente órganos complexos como ollos,[1][2]torso,[3][4]mans, pés ou outros membros.[5] Normalmente un teratoma non conterá órganos, senón un ou máis tecidos que normalmente se atopan no cerebro, a tiroides, o fígado e os pulmóns. Ás veces o teratoma contén na súa cápsula un ou máis quistes cheos de fluído e cando se produce un quiste de gran tamaño, o teratoma pode producir unha estrutura que lembra a un feto. Xa que están encapsulados, os teratomas adoitan ser benignos, aínda que se coñecen algunhas formas de teratoma maligno. Un teratoma maduro é tipicamente benigno e atópase máis habitualmente en mulleres, mentres que un teratoma inmaturo es tipicamente maligno e atópase máis a miúdo en homes.
Pénsase que os teratomas xa están presentes no nacemento (conxénitos), pero os de pequeno tamaño non son descubertos ata moito máis tarde na vida do individuo.
↑Chi JG, Lee YS, Park YS, Chang KY (1984). "Fetus-in-fetu: report of a case". American Journal of Clinical Pathology82 (1): 115–9. PMID6540049.
↑Sergi C, Ehemann V, Beedgen B, Linderkamp O, Otto HF (1999). "Huge fetal sacrococcygeal teratoma with a completely formed eye and intratumoral DNA ploidy heterogeneity". Pediatric and Developmental Pathology: the Official Journal of the Society for Pediatric Pathology and the Paediatric Pathology Society2 (1): 50–7. PMID9841706.
↑Kuno N, Kadomatsu K, Nakamura M, Miwa-Fukuchi T, Hirabayashi N, Ishizuka T (2004). "Mature ovarian cystic teratoma with a highly differentiated homunculus: a case report". Birth Defects Research. Part a, Clinical and Molecular Teratology70 (1): 40–6. PMID14745894. doi:10.1002/bdra.10133.
↑Arlikar JD, Mane SB, Dhende NP, Sanghavi Y, Valand AG, Butale PR (2009). "Fetus in fetu: two case reports and review of literature". Pediatric Surgery International25 (3): 289–92. PMID19184054. doi:10.1007/s00383-009-2328-8.