Teodoro II Paleólogo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1396 Constantinopla, Turquía |
Morte | 21 de xuño de 1448 (51/52 anos) Silivri, Turquía |
Causa da morte | peste |
Déspota de Morea | |
Actividade | |
Ocupación | déspota, matemático |
Profesores | Gemistos Plethon |
Familia | |
Familia | Dinastía Paleólogo |
Cónxuxe | Cleofa Malatesta |
Fillos | Helena Paleólogo |
Pais | Manuel II Paleólogo e Helena Dragaš |
Irmáns | Xoán VIII Paleólogo Constantino XI Demetrio II Paleólogo Andrónico Paleólogo Tomé Paleólogo |
Teodoro II Paleólogo (en grego: Θεόδωρος Β΄ Παλαιολόγος, Theódōros II Palaiológos), nado c. 1396 e finado o 21 de xuño de 1448, foi déspota de Morea desde 1407 até 1443.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Teodoro II Paleólogo era o fillo do emperador bizantino Manuel II Paleólogo e a súa esposa Helena Dragaš. O seu avó materno foi o príncipe serbio Constantino Dragaš. Os seus irmáns, incluíron aos emperadores Xoán VIII Paleólogo e Constantino XI Paleólogo, así como a Demetrio Paleólogo e Tomé Paleólogo, déspotas do Despotado de Morea, e Andrónico Paleólogo, déspota de Tesalónica.
Cando Teodoro tivo dez anos, o seu pai proclamouno déspota e nomeouno gobernador de Morea despois da morte do seu tío Teodoro I Paleólogo en 1407. O primeiro período do seu reinado foi unha época de guerra contra os estados latinos de Grecia pola unificación de Morea. Os inimigos de Teodoro II nese período incluían a República de Venecia, que enviou tropas para impedir o seu intento de conquistar Patras. Durante a minoría de Teodoro, o seu pai, o emperador Manuel II quedou en Morea e supervisou a administración e a defensa, reconstruíndo a muralla de Hexamilion a través do istmo de Corinto.
Un momento de cambio drástico na política foi o seu matrimonio coa muller de nobreza latina Cleofa Malatesta, organizada coa axuda do seu tío o Papa Martiño V, que se converteu en aliado e defensor de Teodoro. Nunha carta ao redor do tempo da morte de Manuel II (21 de xullo de 1425), o Papa Martiño V chamou a Teodoro II emperador de Constantinopla (ad Theodorum imperatorem constantinopolitanum), pero en realidade a coroa pasou ao seu irmán máis vello Xoán VIII.
A guerra en Morea empezara a ir en contra dos bizantinos e, baixo a presión de Carlo I Tocco, conde de Cefalonia e soberano de Epiro, o déspota esixiu a axuda do seu irmán Xoán VIII. Esa axuda chegou en forma de reforzos encabezados polo seu irmán Constantino, que se converteu en gobernador de Morea xunto con Teodoro II en 1428. Os esforzos conxuntos dos irmáns contribuíron á vitoria naval das illas Equínadas en 1427 e a conquista de Patras en 1430.
Doutra banda, o emperador Xoán VIII declarou ao irmán máis novo de Teodoro, Constantino, rexente do imperio durante a súa viaxe a Florencia en 1438, que salientou a selección de Constantino como o seu previsto herdeiro. Os próximos anos víronse afectados os conflitos con Constantino sobre a sucesión de Xoán VIII xa que este non tiña fillos. Nun arranxo, Teodoro II Paleólogo cedeu o seu dereito ao trono a cambio do dominio de Constantino (infantado) de Selimbria en 1443, onde morreu de peste cinco anos despois, en 1448, precedendo aos seus irmáns.
Familia
[editar | editar a fonte]Polo seu matrimonio con Cleofa Malatesta, unha aristócrata italiana, Teodoro Paleólogo tivo unha filla:
- Helena Paleoloxina. Casada co rei Xoán II de Chipre.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.
- Joseph Freiherr von Hammer-Purgstall "Geschichte des Osmanischen Reiches"
- Edward Gibbon "The History of the Decline and Fall of the Roman Empire"
- George Sphrantzes : The Fall of the Byzantine Empire
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en inglés) http://user.orbit.net.mt/fournier/selimbria_mystra.htm