Náutilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Nautílidos
Nautilidae
Náutilos

Rango fósil: triásico - actualidade
Nautilus belauensis
Nautilus belauensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Subclase: Nautiloidea
Agassiz, 1847
Orde: Nautilida
Agassiz, 1847
Familia: Nautilidae
Blainville, 1825
Xéneros [1]

Os náutilos[2] (do grego: ναυτίλος nautilos, "navegante")[3] son calquera das criaturas mariñas da familia dos cefalópodos dos nautílidos, a única familia da orde dos nautilida. Son os únicos membros viventes da subclase dos Nautiloidea, que existen dende hai 500 millóns de anos, feito polo cal están considerados fósiles viventes.[4] Orixinalmente, o nome "náutilo" designaba a outros cefalópodos, os argonautas, tamén coñecidos como náutilos de papel.[5]

Son animais duns quince centímetros de diámetro, especialmente coñecidos pola súa cuncha calcaria. Móvense amodo, pero malia iso son quen de alimentarse de pequenos peixes e crustáceos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Só se indican os xéneros actualmante viventes.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para náutilo.
  3. Classic Encyclopedia Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine., baseada na 11ª edición da Encyclopaedia Britanica (1911)
  4. Fitxa de Nàutil Arquivado 24 de setembro de 2006 en Wayback Machine., Waikiki Aquarium
  5. Aristóteles. Historia Animalium, 622b

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]