Teide 1
| Teide 1 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Parte de
| |||||||
|
Época
| |||||||
|
Idade estimada
| |||||||
|
Constelación
| |||||||
|
Clasificación espectral
| |||||||
| Características orbitais | |||||||
| Declinación do movemento propio | −43,254 mas/a | ||||||
| Ascensión do movemento propio | 21,681 mas/a | ||||||
| Ascensión recta | 56,82464470863 ° | ||||||
| Declinación | 25,37548508715 ° | ||||||
| Características físicas | |||||||
| Radio | 1,3 R_J | ||||||
| Masa | 7,7 M_J | ||||||
| Distancia da Terra | 132 pc | ||||||
| Magnitude aparente | 19,26, 20,779, 16,215, 15,591, 15,096 e 20,696362 | ||||||
| Magnitude absoluta | 12,38 | ||||||
| Luminosidade | 0,00095 L☉ | ||||||
| Temperatura efectiva | 2.600 K | ||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Data descuberta
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Teide 1 é unha estrela anana marrón, a primeira en ser verificada no 1995. Esta anana marrón está localizada no cúmulo estelar aberto das Pléiades, aproximadamente a uns 400 anos luz da Terra.
Características
[editar | editar a fonte]A magnitude aparente deste deslucido obxecto é de 17,76, tan pouco brillante é que só é posible velo a través dun telescopio de afeccionado de gran tamaño. Se estivese a uns 10 parsecs do noso planeta, amosaríase 70 veces máis brillante (magnitude absoluta 12,38) que se estivese a unha distancia duns 120 parsecs.
Este obxecto é máis masivo cós planetas (55 MX), pero menos masivo cás estrela (0,052 MS). O raio desta anana marrón é un pouco maior co raio de Xúpiter (unha décima parte raio solar). A súa temperatura superficial é só de 2600 ± 150 K,[1] o cal é, máis ou menos, da metade da do noso Sol. A súa luminosidade é 0,1% cá do noso Sol, quere isto dicir que a radiación emitida polo noso Sol en catro horas é equivalente a emitida por Teide 1 en máis ou menos seis meses. A súa idade é só duns 120 millóns de anos (ou 3,8 petasegundos) o cal é só o 3% da idade na nosa estrela.
Esta anana marrón está o suficientemente quente para fusionar litio no seu núcleo, pero non o suficiente para fusionar hidróxeno coma no caso do noso Sol.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Walter Myers (1995). "Teide 1". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2009. Consultado o 20 de decembro de 2008.
- http://www.astro-tom.com/technical_data/magnitude_scale.htm (en inglés)