Tebello Nyokong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tebello Nyokong
Nacemento20 de outubro de 1951
Lugar de nacementoLesoto
NacionalidadeLesoto
Alma máterUniversidade de Western Ontario, Universidade McMaster e Universidade Nacional do Lesoto
Ocupaciónquímica
PremiosBronze Order of Mapungubwe, Premio L'Oréal -UNESCO, OkayAfrica 100 Women, Fellow of the African Academy of Sciences, Member of the Academy of Science of South Africa, Fellow of the Royal Society of South Africa e African Union Kwame Nkrumah Awards for Scientific Excellence
editar datos en Wikidata ]

Tebello Nyokong, nada o 20 de outubro do 1951 en Suráfrica, é unha química e profesora na Universidade de Rhodes[1], unha universidade pública surafricana. Coñecida pola súa investigación pioneira sobre a fototerapia dinámica, un método de tratamento do cancro alternativo á quimioterapia, e por ser catedrática no Departamento de Ciencia e Tecnoloxía / Fundación Nacional de Investigación en Química Medicinal e Nanotecnoloxía.

Ademais de traballar en terapia fotodinámica, Tebello Nyokong representa o epítome da nova muller africana, segue a facer un traballo excepcional na formación de químicas, particularmente mulleres, nas sofisticadas habilidades necesarias para manter a Suráfrica á cabeza do desenvolvemento científico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nyokong naceu nunha familia pobre, sendo unha das súas ambicións de infancia posuír un par de zapatos, tal e como afirmou ela mesma nalgunha entrevista[2]. Cando era cativa foi enviada a vivir cos seus avós nas montañas de Lesoto, onde aprendería ciencia observando a natureza ao mesmo tempo que traballaba coidando ovellas, o que lle impedía asistir todos os días á escola.

Cando xa estaba no instituto, elixiu estudar a modalidade de artes, pero dous anos antes de graduarse cambiou á modalidade de ciencias. Isto debese a que cando era pequena lle dixeran que a modalidade científica era demasiado difícil. Fíxoo animada polo seu pai e os seus profesores a pesar de provir dun contorno economicamente moi limitado. “Gústame saber saber como funcionan as cousas ao meu redor. Gústame desmontalas e volver a ensamblalas. Estudei ciencia e matemáticas en dous anos de instituto mentres a outros ao meu redor lles levaba cinco. De aí pasei a estudar matemáticas avanzadas”.[3] Tratábase tamén dun interese pragmático: as ciencias abríanlle máis camiños e oportunidades.

En 1972[4] recibiu o seu Certificado escolar Cambridge. Nyokong graduouse na Universidade de Lesotho tanto en bioloxía como en química no ano 1977. Continuou cos seus estudos, facendo un máster en química na Universidade McMaster en Ontario, Canadá; e en 1987 recibiu o seu Ph.D en química pola Universidade de Ontario. Despois de gañar o seu Ph.D recibiu a bolsa Fulbright para continuar os seus estudos na Universidade de Notre Dame nos Estados Unidos. Ao rematalo, en 1992 regresou a Lesotho para empezar a traballar como docente na Universidade de Rhodes, e grazas a que a Fundación Nacional de Investigación.

É coñecida tanto pola súa investigación en nanotecnoloxía como en terapia foto-dinámica, o que permitiu abrir camiños para a detección e tratamento de cancros sen os efectos secundarios da quimioterapia.

En 2014, como profesora da Universidade de Rhodes, Nyokong foi protagonista nun retrato fotográfico para Adrian Steirn na obra "21 icons"[5], na que a imaxinou cando era pequena e tiña que coidar das ovellas, pero agora sendo unha adulta levando a súa bata de química. As ganancias das copias da foto foron doadas á caridade.

Nyokong publicou unha carta dedicada a ela mesma cando tiña 18 anos, que estaba esforzándose para rematar o curso científico de tres anos, e non sabía das oportunidades que lle esperaban. A carta remata con “Creo que ti podes ser unha esposa e nai e aínda así ser o sustento da familia e contribuír a sociedade. E sei que o farás.” >>

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2008: premios City Press e Rapport Prestige a mulleres triunfadoras e inspiradoras.
  • 2009: Premio L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia.[6]
  • 2010: doutora en Ciencias Honoris Causa outorgado pola Universidade Walter Sizulu.
  • 2011: premio Mulleres Distinguidas en Química da RSC (Sociedade Real de Química)/ PACN (Rede de Química Pan - Africana).
  • 2011: premio en memoria ao centenario do primeiro premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie.
  • 2012: medalla de Ouro do Instituto Químico Surafricano.
  • 2012: nomeada unha das 10 mulleres máis influentes na ciencia e tecnoloxía en África.
  • 2013: premio Lifetime Achievement Award da National Research Foundation.
  • 2014: protagonista dun retrato do fotógrafo Adrian Steirn en “21 iconas”.

Loita persoal[editar | editar a fonte]

Tebello Nyokong defende a necesidade da existencia de exemplos a seguir para os estudantes, xa que ela, amais dalgún profesor, non tiña personalidades nas que inspirarse. Por outro lado, tamén busca cambiar a percepción que se ten dos países surafricanos no sentido da guerra e da pobreza. Busca demostrar ao mundo que o seu país pode destacar en ciencias como calquera outro.[7]

Por outra parte, destaca a súa denuncia ao feito da dificultade engadida que supuxo ser muller para construírse a si mesma. Nyokong tivo que abrirse camiño no mundo da ciencia xa que o pensamento da época era a non necesidade dunha muller de estudar unha carreira, sendo o único importante o casamento cun home que a manteña, porén, ela creu na capacidade de achegar á sociedade sendo unha traballadora que gaña un salario, esposa e nai á vez.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Universidade de Rhodes, Prof Tebello Nyokong". www.ru.ac.za (en inglés). 17 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 12 de abril de 2021. 
  2. "Behind the Icon – Tebello Nyokong: The compassionate scientist". News24 (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2021. 
  3. "Mujeres con ciencia | Un blog de la Cátedra de Cultura Científica de la UPV/EHU". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2021-04-28. 
  4. "Tebello Nyokong" (en inglés). 2021-04-04. 
  5. "Behind the Icon – Tebello Nyokong: The compassionate scientist". News24 (en inglés). Consultado o 2021-04-28. 
  6. "premio L´Oreal - UNESCO". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2021. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  7. "Tebello Nyokong, la química africana que empezó a interesarse por la ciencia mientras pastoreaba ovejas | Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-05-16. Consultado o 2021-04-27. 
  8. "Tebello Nyokong, la química africana que empezó a interesarse por la ciencia mientras pastoreaba ovejas | Vidas científicas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2019-05-16. Consultado o 2021-04-27.