Tartrazina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tartrazina
Identificadores
Número CAS 1934-21-0
PubChem 6321403
ChemSpider 10606981
UNII I753WB2F1M
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C16H9N4Na3O9S2
Masa molar 534,36 g mol−1
Perigosidade
NFPA 704
NFPA 704.svg
1
2
0

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A tartrazina é un colorante sintético empregado como aditivo alimentario.

Características[editar | editar a fonte]

Ten unha cor entre amarela e laranxa brillante. Extraese do petróleo. Con frecuencia emprégase mesturado con outros aditivos como o E110 ou o E133 para producir cor verde. O seu consumo frecuente considérase pouco recomendable para o ser humano.

Usos[editar | editar a fonte]

Empregase na elaboración industrial de produtos a base de peixe, mariscos, bebidas gasosas, batidos, conservas vexetais, patacas fritidas, snacks, farinas, sobremesas, cereais, lambonadas. flans, salsas e mostazas[1].

Efectos secundarios[editar | editar a fonte]

O consumo excesivo de tartrazina esta asociado a casos de hiperactividade en nenos. En doses elevadas é un liberador de histamina, e pode agravar os síntomas da asma e producir eccema, urticaria e insomnio. Pode provocar intolerancia en persoas alérxicas o ácido salicílico. Esta prohibido o seu uso en varios estados membros da Unión Europea.

Outras denominacións[editar | editar a fonte]

Coñécese tamén polo código E102.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Descrición na web www.aditivos-alimentarios.com (en castelán).