Batido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O batido (ou batida, malteada e batido de leite) é unha bebida a base de leite e zume, froitas, turrón, chocolate ou xeado.

Existen máquinas deseñadas especificamente para realizar batidos. A miúdo, estas máquinas mesturan os ingredientes e insiren aire na mestura, e fan que teña unha consistencia suave, mentres que as sacudidas fan que se espese durante o proceso da mestura. Algúns establecementos utilizan máquinas onde o leite e a mestura se conxelan e únense nun envase situado dentro da máquina, mentres que outras preparan e mesturan o batido a man dentro dunha cunca especial de aceiro inoxidable.

Os sabores máis comúns do batido son vainilla, chocolate, e amorodo, aínda que tamén se empregan outros doces e froitas como plátano, goiaba, manga etcétera.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira referencia que se coñece do termo batido aparece imprimida en 1607, aínda que o termo se refería a ovos batidos aos que se engadía algún outro ingrediente, principalmente fariña para formar o que en realidade sería unha masa ou un rebozo. O batido de leite actual non parece popularizarse ata finais do século XIX, cando as máquinas frigoríficas e os batedores eléctricos empezan a introducirse en establecementos de Europa e Angloamérica.