Sviatlana Cichanoŭskaja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSviatlana Cichanoŭskaja

(2023) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(be) Святлана Георгіеўна Ціханоўская Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(be) Святлана Георгіеўна Піліпчук Editar o valor em Wikidata
11 de setembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Mikashevichy (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Presidente Coordination Council for the Transfer of Power (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLituania (2020–)
Minsk (2013–2020)
Homieĺ (2003–2013)
Roscrea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBelarús (1991–)
Unión Soviética (1982–1991) Editar o valor em Wikidata
EducaciónQ116974629 Traducir - lingüística (2000–2004) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, Oposición política e actividade tradutora Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Minsk
Homieĺ Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2020 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua belarusa, lingua alemá, lingua inglesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) Traducir
Chernobyl Lifeline Ireland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSiarhiej Cichanoŭski (2004–)
Cronoloxía
9 de agosto de 20202020 Belarusian presidential election (en) Traducir
24 de maio de 2020Protestos na Bielorrússia (2020–2021) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webtsikhanouskaya.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm11814630 Facebook: 100051849943177 Twitter: Tsihanouskaya Instagram: prezident.sveta Telegram: tsikhanouskaya Youtube: UCcCJ5p6hQi1n-xaYkSMILXg TikTok: prezident.sveta TED: sviatlana_tsikhanouskaya Flickr: tsikhanouskaya Editar o valor em Wikidata

Sviatlana Hieorhijeŭna Cichanoŭskaja (de apelido de solteira Pilipčuk; en belaruso: Святлана Георгіеўна Ціханоўская (Піліпчук)), nada o 11 de setembro de 1982 en Mikaševičy (rexión de Brest, RSS de Belarús) é unha política e activista de dereitos humanos belarusa, que acadou sona coas eleccións presidenciais de Belarús de 2020 como a principal candidata da oposición; proclamouse vencedora das eleccións consideradas fraudulentas, e exiliouse en Lituania.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cichanoŭskaja é esposa do tamén activista Siarhiej Cichanoŭski, quen ía ser candidato naquelas eleccións, mais foi apresado polas forzas de seguridade do goberno o 29 de maio de 2020, o que motivou que Cichanoŭskaja asumira o seu lugar.[1][2] Por mor de diversas ameazas recibidas, tivo que enviar aos seus fillos ao exterior.[2]

O entón presidente Aliaksandr Lukašenka se declarou vitorioso nas eleccións, mais foi acusado de fraude electoral, manipulación e censura.[3][4][2] Subseguintemente, Cichanoŭskaja reivindicou a vitoria nas eleccións, afirmando ter recibido entre o 60% e o 70% dos votos[5] e pediu o recoñecemento da comunidade internacional.

Logo das eleccións do 9 de agosto de 2020, a oposición ao réxime de Lukašenka realizou protestas case diarias pedindo a renuncia do presidente.[6][2] As forzas de seguridade responderon aos manifestantes con violencia, detencións arbitrarias e tortura.[2] Cichanoŭskaja pediu que as protestas non parasen, mais condenou a violencia, pedindo tamén ás forzas de seguridade que desertaran do réxime.[7] Poucos días despois das eleccións, tivo que saír do país, refuxiándose en Lituania.[8][2] O 17 de agosto, Cichanoŭskaja anunciou que estaba a formar un goberno de transición para rivalizar con Lukašenka e manter a súa reivindicación da presidencia.[9]

Desde entón, a oposición a Lukašenka pide apoio internacional e reivindica que outros países recoñezan a Cichanoŭskaja como presidente de Belarús.[10] Dende entón, as autoridades da Unión Europea teñen recoñecido a Cichanoŭskaja de forma similar a un xefe de estado no exilio, como na súa alocución ao Consello de Europa ou o recoñecemento do Parlamento Europeo ao Consello Coordinador dirixido por ela como a "representación provisional do pobo de Belarús".[11]

En decembro de 2020, Cichanoŭskaja recibiu o Premio Sakharov, o principal premio da Unión Europea. Foille entregado por David Sassoli, presidente do Parlamento Europeo, quen prestou homenaxe a ela e a toda a oposición belarusa.[12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kalinovskaya, Tatiana (20 de xullo de 2020). "In Belarus, 3 Women Unite to Fight Strongman Lukashenko". Moscow Times (en inglés). Consultado o 1/04/2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 World Report 2021: Events of 2020 (en inglés). Human Rights Watch. 2021. pp. 84-91. ISBN 9781644210284. 
  3. "Recrúan as protestas en Belarús contra Lukashenko, que se nega a deixar o poder". CRTVG. 16 de agosto de 2020. Consultado o 1/04/2022. 
  4. "Lukashenko mantém-se no poder com 80% dos votos. Um morto em confrontos nas ruas". Diário de Notícias (en portugués). 10 de agosto de 2020. Consultado o 1/04/2022. 
  5. "Belarus election: Exiled leader calls weekend of 'peaceful rallies'". BBC News. 14 de agosto de 2020. Consultado o 15 de agosto de 2020. 
  6. "Três mulheres se unem para derrotar presidente da Bielorrússia, no poder há 26 anos". G1. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  7. "Belarus: Tsikhanouskaya calls on security forces to switch allegiance". DW.com. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  8. "Candidata da oposição da Bielorrússia refugiou-se na Lituânia" (en portugués). 11 de agosto de 2020. Consultado o 1/04/2022. 
  9. "Da Lituânia, opositora de Lukashenko se diz 'pronta para liderar' Belarus". CNN. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  10. "Oposição pede que países reconheçam Tsikhanouskaia como presidente da Bielorrússia". 
  11. Refaat, Mahmoud (2017). Putin New Foreign Policy: Russian Involvement in its Neighborhood. The European Institute for International Law and International Relations. p. 8. ISBN 9798747718364. 
  12. "Belarus opposition leader Tsikhanouskaya awarded EU’s Sakharov Prize". euronews (en inglés). 16 de decembro de 2020. 
  13. "'Venceremos!', diz opositora bielorrussa ao receber principal prêmio da União Europeia". Folha de S.Paulo. 16 de decembro de 2020. Consultado o 21/12/2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]