Sugar Ray Robinson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Walker Smith 3 de maio de 1921 Ailey, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 12 de abril de 1989 (67 anos) Culver City, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Diabetes mellitus |
Lugar de sepultura | Inglewood Park Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | DeWitt Clinton High School (en) |
Altura | 180 cm |
Cor dos ollos | Castanho escuro (pt) |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | boxeador , actor de cinema |
Período de actividade | 4 de outubro de 1940 - 10 de novembro de 1965 |
Lingua | Lingua inglesa |
Patrimonio estimado | 500.000 $ (1965) |
Carreira militar | |
Conflito | Segunda guerra mundial |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | Boxeo |
Disciplina deportiva | peso médio (pt) peso leve (pt) peso meio-médio (pt) light heavyweight (en) |
Páxina web | cmgww.com… |
|
Walker Smith Jr., máis coñecido como Sugar Ray Robinson, nado en Ailey (Xeorxia) o 3 de maio de 1921 e finado en Culver City (California) o 12 de abril de 1989, foi un boxeador profesional estadounidense. Estivo activo nas décadas de 1940 e 1950, e combateu nos pesos medios e wélter. Foi incluído no Salón Internacional da Fama do Boxeo en 1990.
Como boxeador afeccionado conseguiu un récord de 85 vitorias por ningunha derrota, sendo 69 das súas vitorias por K.O. e 40 destas remataron no primeiro asalto. En 1940 fíxose profesional á idade de 19 anos e xa en 1951 tiña un récord de 128 vitorias, unha derrota (ante Jake LaMotta) e dous empates, con 84 K.O. Mantivo o título do mundo do peso wélter dende 1946 ata 1951 e gañou o título do peso medio tamén en 1951. O ano seguinte retirouse, mais volveu e recuperou o título do peso medio en 1955, converténdose logo no primeiro boxeador da historia en gañar por quinta vez un campionato do mundo, ao volver a gañar o título mediano en 1958. Foi nomeado boxeador do ano dúas veces durante os preto de 26 anos de carreira deportiva.
Robinson foi nomeado o mellor boxeador do século XX por Associated Press.[1] ESPN.com sinalouno sinalou como o mellor boxeador da historia en 2007.[2] A revista The Ring nomeouno «o mellor boxeador libra por libra de todos os tempos» en 1997, e tamén «Loitador da Década» nos anos 1950.[3] Muhammad Ali considerou a Robinson como o mellor boxeador libra por libra de todos os tempos. Opinaron igual outros boxeadores como Joe Louis ou Sugar Ray Leonard.
Legado
[editar | editar a fonte]Alguén dixo unha vez que eran parecidos Sugar Ray Leonard e Sugar Ray Robinson. Créanme, non hai comparación. Ray Robinson foi o máis grande.Sugar Ray Leonard
O rei, o mestre, o meu ídolo.
a frase «libra por libra» foi creada por comentaristas deportivos para el durante a súa carreira, como modo de realizar unha comparación dos boxeadores, independentemente do peso. Mesmo o Salón Internacional da Fama do Boxeo, no cal están incluídos entre outros Muhammad Ali, Joe Louis e Sugar Ray Leonard, Robinson está clasificado como o mellor boxeador libra por libra da historia.[6][7]
En 1997, The Ring clasificouno como o mellor boxeador libra por libra da historia, e en 1999 foi nomeado «peso wélter do século» e «peso medio do século» pola Associated Press.[1] En 2003,The Ring clasificouno o número 11 na lista dos mellores pegadores da historia do boxeo.[8] No ano 2007, ESPN realizou unha lista dos «50 maiores boxeadores de todos os tempos», na cal Robinson aparecía como o mellor boxeador da historia.[2]
Robinson foi un dos primeiros afroamericanos en establecerse como estrela fóra do mundo do deporte. Era unha parte importante na escena social de Nova York, nos anos corenta e cincuenta. O seu glamouroso restaurante, Sugar Ray's, atraía estrelas como Frank Sinatra, Jackie Gleason, Nat King Cole, Joe Louis e Lena Horne.
Robinson tamén foi coñecido pola súa personalidade fóra dos cuadriláteros. Era elegante, tiña carisma e aptitude dramática, era cantante e bailarín.[9] Segundo Ron Flatter, da ESPN, Robinson foi o pioneiro en levar un grupo de acompañantes, como un secretario, o peiteador, o masaxista, un grupo de adestradores, varias mulleres, unha mascota e o xerente de toda a vida, George Gainford.
Robinson inspirou varios boxeadores que colleron o alcume "Sugar" como homenaxe, como Sugar Ray Leonard e Sugar Shane Mosley.
En 2006, Robinson apareceu nun selo postal creado polos Estados Unidos cunha tirada de 100 millóns de unidades.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Associated Press (8 de decembro de 1999). "Sugar Ray named century's best" (en inglés). espn.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2008. Consultado o 17 de abril de 2008.
- ↑ 2,0 2,1 "50 Greatest Boxers of All Time" (en inglés). espn.com. Consultado o 17 de abril de 2008.
- ↑ Eisele, Andrew (2002). "Ring Magazine's 80 Best Fighters of the Last 80 Years" (en inglés). boxing.about.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de novembro de 2011.
- ↑ "Sugar Ray Bio" (en inglés). cgmworldwide.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2008. Consultado o 17 de abril de 2008.
*"Review Joe ande Teddy Pick Their Top Fighters" (en inglés). espn.com. Consultado o 17 de abril de 2008.
*Smith, Michael David (13 de maio de 2007). "ESPN Greatest Boxers List: Sugar Ray Robinson No. 1" (en inglés). aolsports.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 17 de abril de 2008.
*Anderson, Dave (13 de abril de 1989). "Sugar Ray Robinson, Boxing's 'Best,' Is Dead". The New York Times (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2008.
*Trickett, Alex; Dirs, Ben (13 de xuño de 2008). "Who is the greatest of them all?" (en inglés). bbc.co.uk. Consultado o 17 de abril de 2008. - ↑ "Sugar Ray Bio" (en inglés). cgmworldwide.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2008. Consultado o 17 de abril de 2008.
*"Review Joe ande Teddy Pick Their Top Fighters" (en inglés). espn.com. Consultado o 17 de abril de 2008. - ↑ Flatter, Ron. "The sugar in the sweet science" (en inglés). espn.com. Consultado o 17 de abril de 2008.
- ↑ Kehoe, Patrick. "Ray Robinson: The champions’ champion" (en inglés). secondsout.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2007. Consultado o 17 de abril de 2008.
- ↑ The Ring (2003). "Ring Magazine's 100 Greatest Punchers" (en inglés). about.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 17 de abril de 2008.
- ↑ The Ring (8 de outubro de 1968). "Sugar Ray: Is He a Black Gable?". The New York Times (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2008.
*The Ring (7 de abril de 1958). "The Man Who Comes Back". Time (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2008. Consultado o 17 de abril de 2008. - ↑ The Ring (30 de novembro de 2005). "The 2006 Commemorative Stamp Program" (en inglés). usps.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2008. Consultado o 17 de abril de 2008.