Sugar Ray Leonard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sugar Ray Leonard
Sugar Ray Leonard.jpg
Nacemento17 de maio de 1956
 Wilmington
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Ocupaciónboxeador
editar datos en Wikidata ]

Ray Charles Leonard, nado en Wilmington (Carolina do Norte) o 7 de maio de 1956, máis coñecido como "Sugar" Ray Leonard, é un ex-boxeador, motivador e actor ocasional. Habitualmente considerado un dos grandes boxeadores de todos os tempos, competiu entre 1977 e 1997, gañando títulos mundiais e cinco categorías, o campionato lineal en tres categorías,[1] e o título en peso wélter sen disputar.[2] Leonard formou parte de "The Fabulous Four",[3] grupo de boxeadores que se enfrontaron entre eles na década de 1980, xunto con Roberto Durán, Thomas Hearns e Marvin Hagler.

"The Fabulous Four" crearon unha vaga de popularidade das clases máis lixeiras que loitaron na era posterior a Muhammad Ali, durante a que Leonard venceu a outros futuros membros do Salón da Fama Internacional do Boxeo como Hearns, Durán, Hagler e Wilfred Benítez.[4][5] Leonard foi tamén o primeiro boxeador que gañou máis de cen millóns de dólares e foi nomeado "Boxeador da Década" nos oitenta.[6] A revista The Ring considerouno loitador do ano en 1979 e 1981, mentres que a Boxing Writers Association of America (BWAA) lle deu o mesmo título en 1976, 1979 e 1981. En 2002, foi votado por The Ring como o noveno mellor boxeador dos últimos 80 anos;[7] BoxRec considerouno o 27.º maior boxeador, libra por libra.[8]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Obra humanitaria[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos, Leonard foi o director internacional da Juvenile Diabetes Research Foundation e está involucrado na consecución de fondos. Falou da carga da diabetes e da necesidade de continuar a achega de fondos para atopar unha cura.[9]

Leonard e a súa esposa, Bernadette, creou a Sugar Ray Leonard Foundation para apoiar a Juvenile Diabetes Research Foundation e o seu paseo anual por unha cura. En 2009, a fundación expandiuse para apoiar programas de axuda á xente a reconstruír as súas comunidades en dez cidades estadounidenses.

En 2007 recibiu o Ambassador Award of Excellence da LA Sports & Entertainment Commission en Riviera Country Club pola súa implicación na comunidade.[10]

Abusos[editar | editar a fonte]

Na súa autobiografía The Big Fight: My Life in and out of the Ring, publicada en xuño de 2011, Leonard revelou que cando era un boxeador mozo foi vítima de abuso sexual por parte dun adestrador olímpico, ademais doutro home, un patrocinador.[11] Dende entón fixo aparicións públicas para atraer a atención sobre os abusos sexuais aos menores e animando as vítimas a que informen dos abusos.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Lineal Boxing World Champions". Cyber Boxing Zone. 
  2. "Muhammad Ali, Sugar Ray Robinson and Sugar Ray Leonard lead the way". SkySports.com. 18 de agosto de 2005. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  3. Ross (21 de xaneiro de 2015). "The Fabulous Four – Hagler, Hearns, Duran, and Leonard". RossBoxing.com. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  4. "Sugar Ray was ring artist". Sports.espn.go.com. 11 de xullo de 2006. Consultado o 4 de novembro de 2011. 
  5. "ESPN 50 Greatest Boxers of All Time". Sports.espn.go.com. 5 de novembro de 1994. Consultado o 4 de novembro de 2011. 
  6. "Mark Grossinger Etess Award". Boxrec.com. Consultado o 4 de novembro de 2011. 
  7. Eisele, Andrew. "Ring Magazine's 80 Best Fighters of the Last 80 Years". About.com. 
  8. "Ratings". Boxrec.com. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  9. "Sugar Ray Leonard's Testimony before the Senate Committee on Homeland Security and Government Affairs". Jdrf.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 4 de novembro de 2011. 
  10. Galluzzo, Steve (15 de maio de 2007). "Pacific Palisades -- Palisades-Post". palisadespost.com. Pacific Palisades, California, USA: Pacific Palisades Post. Consultado o 21 de xullo de 2012. 
  11. In Book, Sugar Ray Leonard Says Coach Sexually Abused Him
  12. Iole, Kevin. Sugar Ray Leonard proves himself a beacon of strength in the fight against child sex abuse. Yahoo! Sports. 29 de outubro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]