Saltar ao contido

Stefania Sandrelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStefania Sandrelli

(1970) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1946 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Viareggio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de cinema, directora de cine, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor en Wikidata -
Familia
ParellaGino Paoli Editar o valor en Wikidata
FillosAmanda Sandrelli Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webstefaniasandrelli.it Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0762248 Allocine: 3448 Rottentomatoes: celebrity/stefania_sandrelli Allmovie: p63007 TCM: 169593 Metacritic: person/stefania-sandrelli
BNE: XX1166577 Musicbrainz: 6ba5a9f9-8e18-4fa5-a0cf-d252f685440a Editar o valor en Wikidata

Stefania Sandrelli, nada en Viareggio (Provincia de Lucca) o 5 de xuño de 1946, é unha actriz italiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sandrelli naceu na Toscana nunha familia de clase media, filla de Florida e Otello Sandrelli (que morreu cando ela tiña oito anos), propietarios dunha coñecida pensión en Viareggio.[1][2] Tivo un irmán, Sergio, sete anos máis vello, que fixo unha carreira musical de éxito e finou en 2013. Cando era moza Stefania achegouse á música, aprendendo a tocar o acordeón e estudando ballet.

En 1960 gañou o concurso de beleza Miss Cinema Viareggio e apareceu na portada da revista Le Ore. Logrou entón as súas primeiras oportunidades no cinema, aparecendo, entre outros, en Il federale, de Luciano Salce.[3] A súa carreira despuntou con Divorcio á italiana (1961), de Pietro Germi, co que logo traballou outras tres veces, en Seddota e abbandonata (1963), L'immorale (1967) e Alfredo, Alfredo (1970).[2]

Sandrelli converteuse en pouco tempo nunha estrela da commedia all'italiana, aparecendo en filmes de Mario Monicelli, Ettore Scola ou Bernardo Bertolucci. Traballou tamén en producións francesas.[2]

En 1983 relanzou a súa carreira co filme erótico A chave secreta[4] de Tinto Brass. Tralo éxito interpretou unha serie de filmes eróticos de éxito

En 2005 recibiu o León de Ouro á súa carreira no Festival de Venecia[5] e en 2012 o título de Cabaleiro da Ordre des Arts et des Lettres.[6]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Miccichè, Lino. Io la conoscevo bene di Antonio Pietrangeli: infelicità senza dramma. Associazione Philip Morris progetto cinema, 1999. ISBN 887180273X.
  2. 1 2 3 Girlanda, Elio. Stefania Sandrelli. Gremese Editore, 2002. ISBN 8884401739.
  3. D'Amico, Silvio (1966). Enciclopedia dello spettacolo: 1955-1965. Unedi-Unione editoriale.
  4. Mereghetti, Paolo (2001). Il Mereghetti: dizionario dei film. Baldini & Castoldi, 2001. ISBN 8884900875.
  5. Moliterno, Gino (2009). The A to Z of Italian Cinema. Scarecrow Press. ISBN 0810870592.
  6. Scategni, Ciro (11 de maio de 2012). "Stefania Sandrelli regina di cultura in Francia: nominata Cavaliere Arti e Lettere.". Oggi 24. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ezio Alberione, Gianni Canova, Francesco Miuccio, Stefania Sandrelli, Papageno, 1998

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]