Pietro Germi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pietro Germi
Pietro Germi.jpg
Nome completoPietro Germi
Nacemento14 de setembro de 1914
LugarXénova, Italia
Falecemento5 de decembro de 1974 (60 anos)
LugarRoma, Italia
CausaHepatite
NacionalidadeItalia Italia
Educado enCentro Sperimentale di Cinematografia
ProfesiónActor, director, guionista
Na rede
IMDB: nm0314584 Allocine: 3446 Allmovie: p91340 TCM: 70369
Musicbrainz: b58f2309-1b7c-4726-a2ce-db7c1fc130e5 Discogs: 1483287 Find a Grave: 6805332 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pietro Germi ([ˈpjɛtro ˈdʒɛrmi]), nado en Xénova o 14 de setembro de 1914 e finado en Roma o 5 de decembro de 1974 foi un actor, director e guionista cinematográfico italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Germi naceu nunha familia de clase media baixa. Foi mensaxeiro e asistiu por un tempo á escola náutica antes de iniciar a súa carreira coma actor.

Estudou interpretación e dirección no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Mentres estudaba traballou como extra, axudante de director e, ocasionalmente, escritor. Debutou como director en 1945 con Il testimone. Os seus primeiros traballos, incluído este filme, seguían o estilo do neorrealismo italiano; moitos eran dramas sociais referentes á xente de orixe siciliana.

Co tempo, Germi evolucionou cara ás comedias satíricas, pero seguindo cos elementos sicilianos. Na década de 1960 logrou éxito internacional cos filmes Divorcio á italiana, Sedotta e abbandonata e Signore & signori, chegando a ser candidato ao Oscar ao mellor director e gañando na categoría de mellor guión orixinal por Divorcio á italiana. Tamén gañou o Gran Premio do Festival de Cannes por Signore & signoris.

Germi colaborou no guión de todos os seus filmes e apareceu como actor en varios deles. Faleceu de hepatite en Roma en 1974.

Filmes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]