Stay Homas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stay Homas
Na rede
https://www.stayhomas.org/
IMDB: nm11474312 Facebook: thisishomas Twitter: stayhomas Instagram: stay.homas Youtube: UC0PtwzSikWRnftscW9uI_Ug Spotify: 7fUEi9sgiLw8gwQ307T6IU iTunes: 1510362118 Musicbrainz: 618eca74-b696-46e8-8443-d901bf910c86 Discogs: 7980308 Deezer: 89686562 Editar o valor em Wikidata

Stay Homas é un trío musical catalán que xurdiu como consecuencia do confinamento preventivo para reducir os casos de COVID-19.[1] Os seus integrantes son Klaus Stroink (trompetista en Buhos, Nil Moliner e Horny Section, amais de actor de dobraxe), Guillem Boltó (ex-trombón e ex-cantante en Doctor Prats)[2] e Rai Benet (baixista en Buhos e Nil Moliner).[3] Os tres músicos compartían piso no Eixample de Barcelona dende uns meses antes do confinamento. O nome deriva da expresión inglesa stay home, é dicir, «queda na casa».[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe e inicios[editar | editar a fonte]

A primeira canción, Confainament I, publicouse o 14 de marzo de 2020 na canle de Instagram de Benet. O día seguinte subiron Confainament II dende a conta de Boltó, e a terceire, Del confineo III, dende a de Stroink. A partir de aí, ante o éxito que tiveron, abriron contas co nome do grupo en diferentes redes sociais.[1] As cancións, gravadas na terraza da súa casa, lembran con humor as medidas preventivas para loitar contra a pandemia de Covid-19, a vida illada na casa e a frustración derivada das actividades que xa non se podían realizar. Mesturan diferentes idiomas, entre eles o catalán, o inglés, o castelán e o portugués.[5]

Os membros convidaron decote a outros músicos a colaboraren a través do móbil. Entre eles figuran Judit Neddermann,[6] Sílvia Pérez Cruz, Macaco, Nil Moliner, Manu Chao, Oques Grasses ou Sr. Wilson.[1]

A rápida difusión da súa música polas redes sociais traspasou fronteiras. Fixéronse eco dela medios como a revista The New Yorker, a canle de televisión CNN ou a radio NPR, entre outros.[1][7] As súas cancións foron versionadas en varias partes do mundo. Michael Bublé adaptou «Gotta be patient» xunto co grupo Barenaked Ladies e a cantante mexicana Sofía Reyes.[8][9]

Primeiros traballos publicados[editar | editar a fonte]

A principios de xuño publicaron a canción XXIX: Let it out, a última antes dunha parada que coincidiu coa flexibilización das medidas de confinamento en España. Gravaron cinco das súas pezas con calidade de estudio e publicáronas a principios de xullo no EP Desconfination.[10] O grupo anunciou nun vídeo en directo de Instagram que as entradas para o seu primeiro concerto, o 31 de xullo de 2020 na sala Apolo de Barcelona, esgotáronse en só 10 minutos. Ante o éxito, decidiron programar máis concertos.[11]

En decembro de 2020 lanzaron o álbum Agua co selo Sony Music.[3] Dos seus doce temas, seis eran adaptacións de cancións que cantaran na terraza.[12][13] Stay Homas mantiveron o eclecticismo musical, o multiculturalismo e o multilingüismo que os fixeron famosos.[14]

Para celebraren o seu primeiro aniversario e quentaren motores para a xira estival, o grupo lanzou a partir de mediados de marzo unha segunda quenda de dez cancións. De novo dende a terraza continuaron co seu estilo, esta vez con colaboradores como Rita Payés, Juanito Makandé, Albert Pla ou Rubén Blades.[15][16]

A xira de Agua[editar | editar a fonte]

A xira de presentación levou á banda a realizar concertos desde maio por todo o Estado. Destacando os directos no Vida Festival (Vilanova i la Geltrú) e Canet Rock (Canet de Mar), que causaron certa polémica pola gran afluencia de público malia as preocupantes estatísticas de contaxio.[17] Tamén destacou o concerto do 4 de novembro en Razzmatazz, que marcou a reapertura da sala principal tras o confinamento.[18]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Desconfination (EP, 2020)[19]
  • Agua (LP, 2020)[13]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premios ARC 2020:[20]
    • Grupo ou artista revelación
    • Proxecto artístico máis anovador realizado durante o confinamento
  • Premios Enderrock 2021:[21]
    • Mellor canción pop-rock, «The bright side» (con Oques Grasses)
    • Mellor Artista revelación
    • Mellor directo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Michael Bublé fa una versió de la cançó "Gotta be patient" dels catalans Stay Homas". 324 (en catalán) (Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals). 27 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  2. "Doctor Prats diu “adéu fins aviat” al seu trombonista Guillem Boltó amb un vídeo musical". Terrassadigital.cat (en catalán) (Terrassa). 7 de abril de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Vidal, Guillem (25 de decembro de 2020). "“Fa mandra ser encara per a molts els ‘tíos’ de la terrassa”". El Punt Avui (en catalán) (Barcelona). Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  4. Marseillan, Jimena (14 de abril de 2020). "“Stay homas”, la banda más viral de la cuarentena española". Infobae (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  5. Linés, Esteban (1 de abril de 2020). "El secreto de las canciones de Stay Homas, la banda sonora del confinamiento". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  6. "Michael Bublé versiona els Stay Homas... i gairebé s’oblida de citar-los". RAC1 (en catalán). 27 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  7. "Stay Homas, viralitat des del terrat de casa i banda sonora del confinament". TV3 (en catalán) (Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals). 5 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  8. "Michael Bublé versiona una de las ‘confination songs’ de los Stay Homas". La Vanguardia (en castelán) (Barcelona). 27 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  9. "Les cançons de Stay Homas recorren el món". Enderrock (en catalán). 28 de abril de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  10. "Stay Homas publican su EP ‘Desconfination’ y lanzan el single ‘Gotta Be Patient’". MusicUP (en castelán). 3 de xullo de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  11. Coll, Bernat (5 de abril de 2020). "Stay Homas vende todas las entradas de su primer concierto en 15 minutos". El País (en castelán) (Prisa). Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  12. "El desconfinament musical dels Stay Homas". Betevé (en catalán). 16 de decembro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  13. 13,0 13,1 "Stay Homas, el grup icònic del confinament, publica el seu primer disc, ‘Agua’". Betevé (en catalán). 11 de decembro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  14. "Stay Homas estrena 'Agua', un disc eclèctic que vol "tocar tots els pals possibles"". Diari de Barcelona (en catalán) (Universitat Pompeu Fabra). 11 de decembro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  15. "Stay Homas: “Donem gràcies al confinament perquè mai havíem treballat tant”". RAC1 (en catalán). 15 de marzo de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  16. Bernis Prat, Laura (7 de xuño de 2021). "Stay Homas sorprèn amb una cançó amb Rubén Blades: "Es por ti"". TV3 (en catalán) (Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals). Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  17. "El risc de contagi entre els assistents al Vida, Canet Rock i Cruïlla va ser superior a la mitjana". Diari de Barcelona (en catalán) (Universitat Pompeu Fabra). 4 de agosto de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  18. Bianciotto, Jordi (5 de novembro de 2021). "Stay Homas, fiesta grande en Razzmatazz". El Periódico (en catalán) (Barcelona: Prensa Ibérica Media). Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  19. "Stay Homas". Viasona (en catalán). Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  20. "Stay Homas, doblement guardonats als Premis ARC 2020". Enderrock (en catalán). 15 de decembro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 
  21. "Stay Homas triunfa en los Premis Enderrock 2021 con tres galardones". 20 Minutos (en castelán). 8 de abril de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]