Sputnik 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Sputnik 3
Спутник-3.jpg
Sputnik 3
Tipo Científico
Organización OKB 1
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 15 de maio de 1958, 7:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Sputnik 8A91[3][5]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Baikonur[3][6]
Obxectivo da misión Estudo da contorna terrestre e da atmosfera superior.[3][6]
Decaemento 6 de abril de 1960[1]
NSSDC ID 1958-004B
Masa 1327,0 kg[3]
Dimensións Cono de 3,57 m de altura e diámetro de 1,73 m na base[5]

Sputnik 3 foi o terceiro satélite artificial de Unión Soviética. Foi lanzado o 15 de maio de 1958 mediante un foguete Sputnik 8A91 (derivado do mísil R-7) desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Sputnik 3, denominado inicialmente ISZ (acrónimo de Satélite Artificial da Terra), estaba destinado a ser o primeiro satélite artificial da humanidade, pero retrasos no seu desenvolvemento debido á súa complexidade, e por temor a que os Estados Unidos se adiantaran, levaron á decisión de lanzar en primeiro lugar o Sputnik 1 (moito máis sinxelo) e o Sputnik 2. A órbita inicial tiña un apoxeo de 1864 km, un perixeo de 217 km, unha inclinación orbital de 65,2 graos e un período orbital de 106 minutos. O obxectivo de Sputnik 3 era estudar a contorna da Terra e a súa atmosfera superior mediante unha serie de instrumentos que medían o campo magnético, a radiación, os campos eléctricos, os ións e outros parámetros. Foi o maior satélite lanzado ata a data, con 1327 kg. A enerxía era producida por células solares que se almacenaba en baterías de prata e cinc. As comunicacións tiñan lugar mediante o sistema de telemetría Tral a 20,005 MHz e 66 MHz. O satélite levaba unha cinta para gravar datos a bordos, pero non funcionou, polo que só se podían rexistrar datos cando pasaba sobre unha estación de comunicacións. A nave non dispoñía de control de actitude. Reentrou na atmosfera terrestre o 6 de abril de 1960.[2][3][5][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Sputnik 3 levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SPUTNIK 3" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Letter dated 24 March 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-0623). 24 de marzo de 1962: 4. Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Sputnik 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Sputnik 3 / Object D #2" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Sputnik 3 (D-1 #1, 2)" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Sputnik 3" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2017.