Daniel Ek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Ek
Cropped image of Daniel Ek.jpg
Nacemento21 de febreiro de 1983
Lugar de nacementoVantörs parish
NacionalidadeSuecia
Alma máterInstituto Real de Tecnologia
Ocupaciónemprendedor, participante do fórum internacional, xerente e informático teórico
PremiosSueco Internacional do Ano, The KTH Great Prize e Time 100
Na rede
IMDB: nm4961130 Twitter: eldsjal Editar o valor em Wikidata
Daniel Ek signature, Billboard Open Letter 2016.png
editar datos en Wikidata ]

Daniel Georg Ek, nado en Estocolmo o 21 de febreiro de 1983, é un empresario sueco do sector da tecnoloxía da información, coñecido por ser o cofundador de Spotify.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ek medrou no distrito de Rågsved na capital sueca, e xa na súa mocidade creou webs para empresas e servizos de almacenamento web [1] Pasou pol IT-Gymnasiet de Sundbyberg en 2002 e estudou dous meses enxeñería no Real Instituto de Tecnoloxía antes de deixar a carreira e dedicarse á tecnoloxía da información. Traballou en varias empresas web como Tradera, Jajja Communications AB, Stardoll e µTorrent e creou a súa propia compañía Advertigo, dedicada á publicidade web e que vendeu a TradeDoubler en 2006 por varios millóns.

Spotify[editar | editar a fonte]

Inspirándose en Napster, servizo de intercambio de arquivos de música, empezou a pensar nunha posible nova solución para a reprodución de música en streaming que fose plenamente legal. Xunto co presidente de TradeDouble, Martin Lorentzon comezou en 2006 a desenvolver un novo sistema que recibiu o nome de Spotify. Xa desde o comezo a idea era contar coas grandes discográficas, e logo de longas negociacións o servizo púxose en marcha en Suecia e mais nalgúns países de Europa en 2008, ampliándose para Norteamérica en 2011.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Daniel Ek". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-02-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]