Sortes de Ancares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSortes de Ancares

Localización
Mapa
 42°50′13″N 6°43′56″O / 42.837042, -6.732108Coordenadas: 42°50′13″N 6°43′56″O / 42.837042, -6.732108
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24433 Editar o valor em Wikidata

Sortes de Ancares (Suertes de Ancares en castelán e oficialmente) é unha parroquia do concello leonés de Candín, situado na bisbarra do Bierzo. Recibe o seu nome do río Sortes, en cuxa ribeira se levanta a aldea de Sortes. A principal actividade económica é a agricultura de subsistencia e a gandaría. Moitos habitantes de Sortes, así como doutros lugares do val dos Ancares, traballan na minaría na próxima vila de Fabeiro, pero a crise deste sector empeorou a situación económica de Sortes e do resto da bisbarra. Boa parte dos seus habitantes emigraron principalmente a Barcelona e Francia, pero tamén a Ponferrada. A hostalaría local non está desenvolvida e ademais sufriu unha regresión, de feito o hostal e os dous bares, que existían, están pechados [1]. Os veciños de Sortes falan un dialecto do galego chamado ancarés.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

En 1965 a parte alta do lugar sufriu un incendio. Moitos dos edificios de arquitectura tradicional como as pallozas e outros edificios, que tiñan os típicos teitos de palla de centeo e elementos de madeira, perdéronse. A reconstrución fíxose nun ano, pero levouse a cabo con materiais baratos non tradicionais, como a lousa, quedando alterados os trazos arquitectónicos típicos ancareses da zona. As restauracións e remodelacións posteriores das casas fixeron perderse a maior parte dos elementos tradicionais dos edificios da comarca[1]. Porén, na parte baixa consérvanse algúns edificios de arquitectura tradicional, algúns deshabitados e outros en bo estado.

Os principais monumentos son os dous muíños hidráulicos, que servían para moer millo e centeo para facer pan. O mellor conservado dos dous é o que se atopa na ribeira do río a carón da igrexa, de estilo tradicional ancarés[2].

A contorna natural é o seu principal atractivo, na ladeira occidental da Serra dos Ancares, e encravado nunha zona de abundantes bosques de carballos. Conecta cunha pista de terra que leva ao Porto de Cienfuegos e ás brañas de El Cuadro, xa pertencente ao veciño val de Fornela (Forniella no dialecto leonés do val veciño) no actual concello de Peranzais.

Nas inmediacións existe a fervenza das Nieres, a carón dun terreo chairo ben produtivo a nivel agrícola. Nos bosques da cntorna hai unha gran riqueza faunística: corzos, rebezos, xabarís e moitos máis tipos de animais[3].

Festas[editar | editar a fonte]

A principal festividade é a de San Roque, o 16 de agosto. Tamén é importante o entroido[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Valledeancares.net". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2011. Consultado o 22 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "pueblos-espana.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2013. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.