Xeografía de Hungría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa topográfico de Hungría

Hungría ocupa a chaira media do río Danubio, terra chá formada polos aluvións deste río e o seu afluente o río Tisza, coñecida como chaira húngara (puszta) e que tamén se estende polo norte de Serbia , sur de Eslovaquia e o oeste de Romanía. Ó oeste destaca o Lago Balaton un dos máis grandes de Europa. O segundo maior lago da bacía carpática (e probablemente o maior lago artificial de Europa) é o lago lago Tisza (Tisza-tó).

A chaira húngara ou puszta.

A paisaxe húngara consta das chairas chás e onduladas cara a bacía danubiana, dos outeiros e montañas baixas ó norte , ao longo da fronteira eslovaca, como os montes Bakony e os montes Mátra (nestes sitúase punto máis alto de Hungría: o Kékes, con 1.015 m), que son a prolongación meridional dos Cárpatos.

Os montes Matra vistos desde o Kékes.

O clima é continental, con invernos fríos, veráns quentes e precipitacións medias. En Budapest a media de xaneiro é de -1.0 °C, a de xullo de 21.9 °C. As precipitacións anuais medias son de 498 mm.