Solomon Burke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSolomon Burke

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Solomon McDonald Editar o valor em Wikidata
21 de marzo de 1940 Editar o valor em Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 2010 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Haarlemmermeer, Países Baixos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónJohn Bartram High School (en) Traducir
Overbrook High School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor de cancións , compositor , guitarrista , pastor , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoSoul, Música country e Gospel Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoApollo Records
Chess Records (pt) Traducir
Dunhill
Black Top Records (pt) Traducir
Bell Records (pt) Traducir
Atlantic Records
Fat Possum Records Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSolomon Burke Jr (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webthekingsolomonburke.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0121868 Facebook: 106061109425951 MySpace: kingsolomonburke Spotify: 4nts0oxMT67lVUoi5Kjxrb Musicbrainz: d5c79890-36c5-4f1b-bed3-4468eee093f3 Songkick: 513287 Discogs: 109435 Allmusic: mn0000031067 WikiTree: McDonald-13809 Find a Grave: 59864327 Genius: Solomon-burke Editar o valor em Wikidata


Solomon Burke, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 21 de marzo de 1940 e finado en Ámsterdam o 10 de outubro de 2010, foi un músico estadounidense, pioneiro do soul-blues, e membro do prestixioso museo Rock and Roll Hall of Fame.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De mozo foi predicador baptista na súa ciade natal, ao tempo que realizaba un show radiofónico de gospel. Tras firmar un contrato musical con Atlantic Records comezou a dedicarse á música de carácter máis secular. O seu primeiro éxito foi "Just Out Of Reach Of My Open Arms", unha versión dunha canción country. Malia que obtivo grande aceptación no círculo artístico e entre a crítica, acadando algúns éxitos de rhythm and blues e pop, Burke nunca logrou chegar ás grandes masas, como Sam Cooke ou Otis Redding. Dous dos seus maiores éxitos foron "Proud Mary" (unha versión de Creedence Clearwater Revival) e "Cry to Me" (que aparece nunha coñecida escena da película Dirty Dancing).

En 1964 escribiu e gravou "Everybody Needs Somebody To Love", que sería posteriormente versioneada polos Rolling Stones e Wilson Pickett, amais de aparecer na película The Blues Brothers.

En 2002 publicacou Don't Give Up On Me, interpretando composicións escritas especialmente para o álbum por artistas como Dylan, Brian Wilson, Van Morrison, Elvis Costello ou Tom Waits. En setembro de 2006 publicou Nashville, un regreso ás raíces country, producido por Buddy Miller. No disco colaboraron vocalistas como Emmylou Harris, Dolly Parton, Patty Griffin, Gillian Welch ou Patty Loveless.

O 24 de xullo de 2006 Solomon Burke actuou en Pontevedra, na praza da Ferrería, no marco do XIV Festival Internacional de Jazz e Blues.

Burke fixo varias colaboracións na televisión e no cinema. Tivo 21 fillos (14 fillas e 7 fillos), e ao morrer tiña 90 netos e 20 bisnetos, algúns deles adicados á música.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Solomon Burke (Kenwood, 1962)
  • Rock 'n' Soul (Atlantic, 1964)
  • The Rest of Solomon Burke (Atlantic, 1965)
  • I Wish I Knew (Atlantic, 1968)
  • King Solomon (Sequel, 1968)
  • Proud Mary (1969)
  • King Heavy (1972)
  • Electronic Magnetism (1972)
  • I Have a Dream (1974)
  • Back to My Roots (1975)
  • Music to Make Love By (1975)
  • Sidewalks, Fences & Walls (1979)
  • Lord We Need a Miracle (1979)
  • Get up and Do Something (1979)
  • King of Rock 'n' Soul (1981)
  • Take Me, Shake Me [live] (1983)
  • Soul Alive! (1985)
  • A Change Is Gonna Come (1986)
  • Love trap (1987)
  • Into My Life You Came (1990)
  • This Is His (1990)
  • Homeland (1990)
  • Soul of the Blues (1993)
  • Live at House of Blues (1994)
  • Definition of Soul (1997)
  • We Need a Miracle (1998)
  • Not by Water But Fire This Time (1999)
  • Soulman (2002)
  • Don't Give Up On Me (2002)
  • The Incredible Solomon Burke at His Best (2002)
  • The Apollo Album (2003)
  • Make Do With What You Got (2005)
  • Rock 'N' Soul (2005)
  • Nashville (2006)
  • Blue and Soulful (2007)
  • I Almost lost my mind (2007)
  • Like a Fire (2008)
  • To Thee (2009)
  • The Commitment (2009)
  • Hold on tight (2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]