Soledad García Riveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSoledad García Riveiro
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata

María Soledad García Riveiro, nada en Vigo o 30 de novembro de 1976, é unha escritora galega cunha obra caracterizada polo seu compromiso na defensa do idioma galego, do medio ambiente e do patrimonio da comarca do Val Miñor e de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende 2021 publicou seis libros infanto-xuvenís dentro do proxecto "Garatuxas do Val Miñor". Un destes libros, Un paseo por Baiona, foi traducido ao inglés e presentado na Feira Internacional Börse de Berlín o 7 de marzo de 2023 para defender os garranos da Serra da Groba en Europa baixo o título A walk in Baiona.[1] En abril de 2023 publicou o libro Un paseo por Gondomar,[2] musicalizado en xuño de 2023.[3]

En 2022 gañou o 3º premio no XI Certame de Poesía Leiras Pulpeiro de Mondoñedo e os 1ºs premios no III Certame de Relato Curto O Enxeño Engaiolado de Baiona, no XIX Certame de Relato Curto de Mugardos e no XIX Certame de Poesía Anomar. En maio de 2023 gañou o XXIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López de Lugo na súa modalidade de poesía. En xuño de 2023 o VIII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María de Gipuzcoa, reseñado por Antonio García Teijeiro.[4]

En outubro de 2023 saíu a luz o seu último traballo, URCO, unha historia reciclada,[5] un álbum ilustrado baseado en materiais reciclados para a campaña de concienciación sobre o abandono e a adopción responsable de animais en Vigo. En xaneiro de 2024 acada o 1º premio no XLVIII Certame de Poesía sobre o Nadal nun conmovedor chamado á resiliencia, abordando con sensibilidade a situación do pobo de Palestina. En febreiro de 2024 visibiliza o impacto medioambiental dos granulados de plástico co poema ilustrado A serea e o home plástico.

Obras[editar | editar a fonte]

Infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • URCO, unha historia reciclada, 2023. 40 páxs.[6]
  • Samagostín, 2022. 36 páxs.
  • Dedas, 2022. 64 páxs.

Libros con rutas[editar | editar a fonte]

  • Un paseo por Gondomar, 2023. 108 páxs.
  • A walk in Baiona, 2023. 82 páxs.
  • Un paseo por Baiona, 2022. 82 páxs.
  • Un paseo por Nigrán, 2022. 48 páxs.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Bethléem, 2024. [7]
  • Anatomía dun remuíño de aire. Haikus VII (obra colectiva), 2024.
  • A serea e o home plástico, 2024. [8]
  • As palabras son cinzas por soprar, 2023.
  • O camiño de Perséfone, 2023 (poearte, edición limitada).
  • Poemarcovida, palabras de imaxe e vida, 2022 (poearte, edición limitada).
  • No corazón da mamá medran todos os aloumiños, Calembur de sons. Tes cinco minutos #2 (obra colectiva), 2022, Editorial Galaxia.
  • Salvavidas. Tes cinco minutos #1 (obra colectiva), 2021, Editorial Galaxia.
  • Lares do Val Miñor (escolma), 2019, Revista do Instituto de Estudos Miñoráns.
  • 456 cm de olladas compartidas, 2018, Baldo Ramos (obra colectiva, poesía visual, edición limitada).

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Non xogues aí, que te mancharás de piche! (obra colectiva), 2022, Editorial Elvira.
  • Haberán de construír un cemiterio nas Illas, algún día! (obra colectiva), 2021, Editorial Elvira.
  • De Titanio e Nácara (obra colectiva), 2019, Editorial Kalandraka.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • II Certame Literario Microrrelato Aliteraclara, 2019, por Crisálida.
  • XIX Certame de Poesía Anomar dos Tilos, 2022, por Vivaldi de Haikus.
  • XIX Certame de Relato Curto de Mugardos, 2022, por Haberán de construír un cemiterio nas Illas algún día.[9]
  • XI Certame de Poesía Leiras Pulpeiro de Mondoñedo, 2022, terceiro premio por Aposiopese.[10]
  • III Certame de Relato Curto O enxeño engaiolado de Baiona, 2022, primeiro premio por Nunha vila caben todos os ventos.[11]
  • XXVIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López do Concello de Paradela, 2023, por As palabras son cinzas por soprar.[12]
  • VIII Certame de Poesía en Lingua galega Manuel María de Gipuzcoa, 2023, por O camiño de Perséfone.[13]
  • XLVIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, 2024, por Bethléem. [14]
  • II Certame Videoliterario Ollo con Nigrán, 2024, 1o accésit por Nigrán, o corazón de todas as paisaxes. [15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Costas, Lucía (2023-03-25). "Na defensa dos garranos por Europa". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-05. 
  2. c, l (2023-04-22). "Sae á luz o libro “Un paseo por Gondomar”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-20. 
  3. Redacción (2023-06-15). "Gondomar cuenta con un paseo de cuento musicalizado". Telemariñas (en castelán). Consultado o 2023-10-02. 
  4. Teijeiro, Antonio Garcia (2023-10-25). "Versos e Aloumiños: A LUZ DAS PALABRAS (92) Soledad García Riveiro". Versos e Aloumiños. Consultado o 2023-10-28. 
  5. "O Concello chama a adoptar un animal do refuxio da Madroa na campaña "Adóptame en Vigo"". xornal.vigo.org. Consultado o 2023-10-02. 
  6. Teijeiro, Antonio Garcia (2023-11-27). "Versos e Aloumiños: FAÍSCAS (15) "URCO, UNHA HISTORIA RECICLADA", UN FERMOSO PROXECTO, de Soledad García Riveiro e Ángela Costas". Versos e Aloumiños. Consultado o 2023-12-05. 
  7. Flipsnack. "Revista INviable 48". Flipsnack (en inglés). Consultado o 2024-03-25. 
  8. Flipsnack. "Revista INviable 47". Flipsnack (en inglés). Consultado o 2024-02-01. 
  9. "Fallo del XIX CERTAME DE RELATO CURTO EN GALEGO". Concello de Mugardos (en castelán). 2022-01-21. Consultado o 2023-06-05. 
  10. asociacionescritoras-es (2022-11-28). "Mondoñedo entrega os premios Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome 2022 | ::Axenda cultural AELG". Consultado o 2023-06-03. 
  11. Redacción (2022-12-11). "La escritora y poetisa de Nigrán, Soledad García, galardonada con tres premios literarios". Telemariñas (en castelán). Consultado o 2023-06-05. 
  12. "Paradela falla los premios Manuel Oreste Rodríguez, a los que se presentaron 879 obras". El Progreso de Lugo (en castelán). 2023-05-25. Consultado o 2023-06-03. 
  13. "A escritora nigranesa Soledad García, premio Manuel María de poesía". Faro de Vigo. Consultado o 2023-06-25. 
  14. "Soledad García gaña o Certame de Poesía de Nadal de Begonte". Faro de Vigo (en castelán). 2024-01-19. Consultado o 2024-02-01. 
  15. "Un total de 29 vídeos compiten no concurso “Ollo con Nigrán”". Faro de Vigo (en castelán). 2024-03-21. Consultado o 2024-03-25.