Soledad Acosta de Samper
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (mul) Soledad Acosta Kemble 5 de maio de 1833 Bogotá |
| Morte | 17 de marzo de 1913 Bogotá |
| Lugar de sepultura | Cemiterio Central de Bogotá |
| Relixión | Católico romano |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Xornalismo, poesía, prosa, historia, feminismo, drama, ciencia da literatura e actividade tradutora |
| Ocupación | xornalista, tradutora, dramaturga, especialista en literatura, estudosa da literatura, editora literaria, historiadora, poetisa, escritora, novelista |
| Familia | |
| Cónxuxe | José María Samper |
| Fillos | Bertilda Samper Acosta |
| Pai | Joaquín Acosta |
| Descrito pola fonte | Latin American Women Writers: an Encyclopedia |
Soledad Acosta de Samper, nada en Bogotá o 5 de maio de 1833 e finada ibídem o 17 de marzo de 1913, foi unha das escritoras máis prolíficas do século XIX en Colombia. No seu traballo creativo como novelista, narradora, xornalista, historiadora e editora, escribiu 21 novelas, 48 contos, 4 obras de teatro, 43 estudos sociais e literarios e 21 tratados de historia.[1] Fundou e dirixiu cinco xornais e tamén realizou numerosas traducións.[2] Soledad Acosta publicou xunto con algunhas das súas contemporáneas como as poetas Agripina Samper de Ancíza e Silveria Espinosa de Rendón. Porén, Acosta non só cultivou a literatura senón tamén outros eidos propios dos homes da súa época. Dedicou numerosos estudos sociais sobre o tema da muller e o seu papel na sociedade, polo que é considerada unha pioneira do feminismo.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Plata Quezada, William Elvis (2017). "Soledad Acosta de Samper: catolicismo y modernidad en Colombia siglo XIX". Hispania sacra 69 (139): 293. ISSN 0018-215X.
- ↑ Rodriguez Arenas, Flor Maria (2005). Soledad Acosta de Samper, pionera de la profesionalización de la escritura femenina colombiana en el siglo xix: Dolores, Teresa la limeña y El corazón de la mujer (1869). Vervuert Verlagsgesellschaf. pp. 203–238. ISBN 9783964565518.
- ↑ Gómez-Ferrer Morant, Guadalupe (2016). "Soledad Acosta de Samper y Emilia Pardo Bazán: dos pioneras del feminismo". Cuadernos de historia contemporánea (38): 127–140. ISSN 0214-400X.
- ↑ Fonnegra Osorio, Paola Andrea; Osorio, Claudia Patricia Fonnegra (2017). "Soledad Acosta de Samper: mujer, formación y virtud". Escritos (en castelán) 25 (55): 513. ISSN 2390-0032. doi:10.18566/escr.v25n55.a08.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soledad Acosta de Samper |