Soiuz MS-19

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-19
A Soiuz MS-19 achegándose á estación.
TipoTripulada
Data de lanzamento5 de outubro de 2021[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso30 de marzo de 2022[1]
NSSDC ID2021-089A

Soiuz MS-19 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 5 de outubro de 2021 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-19, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Anton Shkaplerov, Yulia Peresild e Klim Shipenko a bordo (a tripulación de respaldo eran Oleg Artemiev, Alena Mordovina e Aleksei Dudin), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-18 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 66.[2][3][4][5]

A Soiuz MS-19 levou á actriz Yulia Peresild e ao director Klim Shipenko a bordo da estación espacial para rodar parte dunha película de ciencia ficción. A película, titulada Vyzov (Вызов, en ruso), trata dunha cirurxiá enviada á estación para tratar a un cosmonauta enfermo. A rodaxe contou coa aprobación da NASA para gravar no segmento americano. Peresild e Shipenko volveron á Terra na Soiuz MS-18, tras 12 días no espazo.[2][3][4][5]

Selo conmemorando a película Vyzov, rodada en parte na estación espacial.

A invasión rusa de Ucraína, o 24 de febreiro de 2022, provocou un corte nas relacións entre os Estados Unidos e Rusia, co que a NASA chegou a considerar outros medios para traer de volta a Mark Vande Hei. Finalmente, Vande Hei regresou na Soiuz MS-19, como estaba previsto, xunto con Anton Shkaplerov e Petr Dubrov, tras 176 días en órbita. A nave chegou a terra o 30 de marzo de 2022, a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-19" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-19" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 18 November 2021 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (21-08981 (E)). 1 de decembro de 2021: 2. Consultado o 10 de febreiro de 2024. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-19 delivers "movie crew"" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]