Soiuz MS-18

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-18
A Soiuz MS-18 engalando.
TipoTripulada
Data de lanzamento9 de abril de 2021[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso17 de outubro de 2021[1]
NSSDC ID2021-029A

Soiuz MS-18 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 9 de abril de 2021 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-18, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Novitskii, Petr Dubrov e Mark T. Vande Hei a bordo (a tripulación de respaldo eran Oleg Novitskii, Yulia Peresild e Klim Shipenko), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-17 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 65.[2][3][4][5]

O 2 de xuño dous dos cosmonautas rusos fixeron o paseo espacial número 48 de Rusia na historia da ISS e o 28 de setembro de 2021 a Soiuz MS-18 foi movida ao novo módulo Nauka, sendo a primeira nave en acoplarse a este módulo. O 15 de outubro, dous días antes do regreso da nave á Terra, durante unha proba do motor da Soiuz MS-18 para o regreso, o acendido alongouse máis alá do previsto, xirando a estación 57° da súa posición normal. A estación correxíu a orientación anómala cos seus propios propulsores sen producirse danos. A orixe do problema estivo nun erro de procedemento nas instrucións enviadas desde terra a Novitskii. Finalmente, tras 191 días en órbita, a Soiuz MS-18 desacoplouse do módulo Nauka o 17 de outubro de 2021 con Oleg Novitskii, Yulia Peresild e Klim Shipenko (estes dous últimos chegados a bordo da Soiuz MS-19 para rodar unha película) a bordo, aterrando a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-18" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-18" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 25 October 2021 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (21-08267 (E)). 10 de novembro de 2021: 3. Consultado o 11 de febreiro de 2024. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-18 mission to support ISS expansion lifts off" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]