Soiuz MS-17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-17
A Soiuz MS-17 a punto de acoplarse ao módulo Rassvet.
TipoTripulada
Data de lanzamento14 de outubro de 2020[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso17 de abril de 2021[1]
NSSDC ID2020-072A

Soiuz MS-17 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 14 de outubro de 2020 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-17, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Rizhikov, Sergei Kud-Sverchkov e Kate Rubins a bordo (a tripulación de respaldo eran Oleg Novitskii, Petr Dubrov e Mark T. Vande Hei), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-16 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 64.[2][3][4][5]

O 18 de novembro, Rizhikov e Kud-Sverchkov fixeron o paseo espacial número 47 de Rusia na historia da ISS, co obxectivo principal de facer os preparativos para a chegada do módulo Nauka, mentres que o 19 de marzo de 2021 a Soiuz MS-17 foi movida ao módulo Poisk para poder preparar o desacoplamento e descarte do módulo Pirs para acomodar ao Nauka. Tras 185 días en órbita, a Soiuz MS-17 desacoplouse do módulo Poisk o 16 de abril de 2021, aterrando a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-17" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-17" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 24 December 2020 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (21-00674 (E)). 5 de febreiro de 2021: 2. Consultado o 11 de febreiro de 2024. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-17 delivers fresh ISS crew" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]