Soane Patita Paini Mafi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soane Patita Paini Mafi
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento19 de decembro de 1961 en Nukuʻalofa, Tonga
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1991, por Patelisio Punou-Ki-Hihifo Finau
Consagración episcopal4 de outubro de 2007, por Soane Lilo Foliaki
Creado cardeal14 de febreiro de 2015, por Francisco
Bispo de Tonga
2008 - actualidade
PredecesorSoane Lilo Foliaki
Outros

Escudo de Soane Patita Paini Mafi
Ficha en catholic-hierarchy.org

Soane Patita Paini Mafi, nado en Nukuʻalofa (Tonga) o 19 de decembro de 1961, é un eclesiástico católico latino, cardeal e bispo de Tonga dende 2008.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Soane Patita Paini Mafi naceu en Nukuʻalofa, a capital de Tonga, na illa de Tongatapu. Foi ordenado sacerdote da diocese de Tonga polo bispo Patelisio Punou-Ki-Hihifo Finau o 29 de xuño de 1991.

O 28 de xuño de 2007 foi nomeado bispo coadxutor de Tonga polo papa Bieito XVI. Recibiu a consagración episcopal de mans do bispo de Tonga Soane Lilo Foliaki o 4 de outubro de 2007, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo de Samoa-Apia Alapati Lui Mataeliga e ao arcebispo de Suva Petero Mataca.

Sucedeu a Soane Lilo Foliaki como bispo de Tonga o 18 de abril de 2008. O 14 de febreiro de 2015 o papa Francisco creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Paola Romana.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]