Soane Lilo Foliaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soane Lilo Foliaki
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento18 de abril de 1933 en Maʻufanga, Tonga
Pasamento24 de decembro de 2013
Ordes
Ordenación sacerdotal21 de xullo de 1955
Consagración episcopal23 de xuño de 1994, por Thomas A. White
Bispo de Tonga
1994 - 2008
PredecesorPatelisio Punou-Ki-Hihifo Finau
SucesorSoane Patita Paini Mafi
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Soane Lilo Foliaki, nado en Maʻufanga (Tonga) o 18 de abril de 1933 e finado o 24 de decembro de 2013, foi un eclesiástico católico latino, bispo de Tonga dende 1994 até 2008.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Soane Lilo Foliaki naceu en Maʻufanga, no leste de Nukuʻalofa, na illa de Tongatapu (Tonga). Foi ordenado sacerdote da Sociedade de María o 21 de xullo de 1955.

O 10 de xuño de 1994 foi nomeado bispo de Tonga polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a consagración episcopal de mans do nuncio Thomas A. White o 23 de xuño de 1994, e tivo como co-consagradores principais ao bispo auxiliar de Hamilton Max Takuira Matthew Mariu e ao arcebispo de Suva Petero Mataca.

Retirouse o 18 de abril de 2008. Finou o 24 de decembro de 2013.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]