Sistema de información xeográfica
Os sistemas de información xeográfica (SIX ou GIS en inglés) son sistemas de telemática apoiados na teledetección, é dicir, son programas de ordenador que conteñen un conxunto de imaxes, as cales ó superpoñerse permiten obter moitos datos sobre unha zona de estudo. Estas imaxes describen o tipo de cuberta vexetal, a litoloxía, a topografía etc. desa zona. Polo tanto, esta superposición de capas representará a superficie da Terra. Tamén nos pode ofrecer datos cualitativos non representables en mapas.
Estes datos proceden de fotografías obtidas dende un satélite, avión ou de simples mapas, os cales son distribuídos dividindo o espazo nunha serie de celiñas determinadas polas súas coordenadas xeográficas, polo tanto, cada punto do territorio obterá toda a información dos datos anteriormente expostos.
Funcións dun six
[editar | editar a fonte]O six utilízase para almacenar, manipular, xestionar e representar a información dun territorio. Polo tanto, serve para facer simulacións sobre o que ocorrería se se produce algunha modificación nalgunha das capas do terreo representadas.
Debido a isto o six é moi empregado para o estudo do medio ambiente xa que con el pódese previr os riscos, deter os impactos ambientais, ordenar o territorio,etc.
Así que, segundo o que estea destinado cada six, teremos distintos tipos.
Tipos
[editar | editar a fonte]A nivel nacional
[editar | editar a fonte]Existen moitos tipos six pero os máis importantes son:
- SIX de riscos: son específicos para cada tipo de riscos ou zona. Con el pódese previr os distintos riscos que se poidan presentar nunha zona e elaborar plans de emerxencias.
- Proxecto PNCTA: (Plan Nacional de Cartografía Temática Ambiental). Este six é promovido polo Ministerio de Medio Ambiente e realizado polo Instituto Xeomineiro de España. Posúe datos sobre cada punto do territorio español referidos a litoloxía, patrimonio natural, xeoloxía, vexetación, solos e paisaxe. Este six é accesible para calquera cidadán a través de Internet.
- INM: (Instituto Nacional de Meteoroloxía). Foi xerado a partir de datos climáticos tomados dende fai 150 anos. Pode servir para realizar estimacións sobre os diferentes riscos que estean relacionados coa climatoloxía (incendios, secas, inundacións,etc.)
- Programa CORINE da UE: baséase en datos xeográficos, de terra, auga, aire, vexetación e aspectos socioeconómicos. Pódese acceder a este six a través de Internet.
A nivel internacional
[editar | editar a fonte]Existen moitos exemplos, entre eles destacan aqueles patrocinados pola FAO:
- SIX planificador agrícola: determina zonas do planeta adecuadas para ó cultivo segundo as súas características climatolóxicas, litolóxicas e a súa accesibilidade. Tamén realiza simulacións sobre o que ocorrería se nesas zonas se produce un cambio como a seca.
- SIX planificador forestal: analiza os efectos provocados por unha deforestación, o seu impacto ambiental ou os distintos sistemas adecuados para a explotación madeireira.
SIX para a ordenación da fauna silvestre: analiza a situación daquelas especies que están en perigo de extinción e determina en que zonas hai que establecer algunhas medidas de protección.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sistemas de Información Xeográfica |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- GPS.
- SIGPAC.
- Cartografía.