Teledetección

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Satélite Landsat 6 da NASA, dedicado a tarefas de teledetección

A teledetección, coñecida comunmente como percepción remota, é a técnica que permite obter información sobre un obxecto, superficie ou fenómeno a través da análise dos datos adquiridos por un instrumento que non está en contacto con el. Baséase en que cada obxecto, área ou fenómeno emite un espectro electromagnético específico, en función da súa propia natureza e das radiacións que recibe. Ao tipo de espectro electromagnético que emite cada obxecto denomínaselle firma espectral, a cal o fai distinguible a ese obxecto, superficie ou fenómeno dos demais.

Polo xeral os datos son recollidos a través de sensores instalados en plataformas aerotransportadas ou en satélites artificiais, os cales captan a radiancia emitida ou reflectida, obténdose unha imaxe, habitualmente en falsa cor cunha banda para cada unha destas rexións do espectro. Os avances en tecnoloxía permitiron contar con instrumentos cada vez máis precisos baseados en electrónica e experimentación con materiais que permiten obter información cada vez máis completa contida en imaxes de satélite.

Imaxe de satélite de Perú