Simón, apóstolo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século I Caná |
| Morte | 107 (Gregoriano) Pella |
| Causa da morte | morte non natural, morte por serra |
| Apóstolo | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo primitivo e xudaísmo |
| Actividade | |
| Ocupación | misioneiro |
| Membro de | |
| Profesores | Xesús de Nazaret |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 10 de maio 28 de outubro |
| Compañeiro profesional | Xudas Tadeo: Simón e Xudas |
| Familia | |
| Nai | María de Cleofás |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo |
Simón, dito Simón, o celote (ou o Celador) ou Simón, o Cananeo, natural da Galilea, foi un dos discípulos de Xesús Cristo que formou parte do grupo dos doce apóstolos. Refírese coma o Cananeo de acordo co Libro de Mateu e coma o celote no Libro de Lucas e en Feitos dos Apóstolos.
A palabra grega Cananeo e a palabra celote, derivada do aramaico, significan a mesma cousa: "celoso". Suponse por ese apelido que Simón pertencía á seita xudaica coñecida como celotes.
Ministerio
[editar | editar a fonte]Non se sabe con exactitude cal sería o ministerio de Simón posteriormente. Algunhas tradicións colócano como grande auxiliador no estabelecemento do cristianismo en Exipto, xunto con San Marcos e Filipe en Siria, con todo, podería ter evanxelizado tamén polo norte de África, por Asia menor e a Península Ibérica. De aí, podería ter partido con Xudas Tadeu para a Mesopotamia e Siria, onde se encontrou con outros Apóstolos que por aló evanxelizaban. A seguir, partiría para Persia. A súa predicadión parécese á dos outros catro apóstolos que foron para o Oriente, considerada por algúns como ascética e xudaica, como as preservadas na Epístola canónica de Xudas.
Martirio
[editar | editar a fonte]
Segundo o cronista cristián Hexésipo, Simón encontrou o martírio no tempo do emperador Traxano, cando contaba con, aproximadamente, 120 anos de idade. As versións sobre a súa execución diverxen: unhas falan sobre a crucifixión e outras tradicións menos seguras, dunha morte na fogueira en Armenia. A tradición católica di que Simón foi martirizado cortado ao medio vivo cunha serra.
Iconografía
[editar | editar a fonte]O apóstolo é representado tendo na súa man dereita un libro aberto, que simboliza a evanxelización dinámica e que a Palabra de Deus é sempre actual. Na man esquerda, a serra, ferramenta utilizada para o seu martirio. Cos ollos fitos no libro, lembra o amor a Deus por riba de todas as cousas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simón, apóstolo |