Saltar ao contido

Siku Quanshu Zongmu Tiyao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Siku Quanshu Zongmu Tiyao
 Instancia de
Características
 Aspecto de
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de comezo
1773 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1798 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de partes
   200 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF182291300 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h7lmgt Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Siku Quanshu Zongmu Tiyao (en chinés tradicional: 四庫全書總目提要; en chinés simplificado: 四库全书总目提要; pinyin: Sìkù Quánshū Zǒngmù Tíyào''; Wade-Giles: Ssu4-k'u4 Ch'üan2-shu1 Tsung3-mu4 T'i2-yao4; tradución: “Bibliografía anotada dos Catro Tesouros”) é un catálogo anotado de miles de obras que foron consideradas dignas de inclusión na Siku Quanshu (四库全书, "Biblioteca completa dos Catro Tesouros").[1] Trátase do meirande catálogo bibliográfico da China premoderna, cun total de douscentos capítulos.[2] Comezouse a redactar no ano 1773, e non se completou até o 1798.[2] Na súa elaboración interviron moitos autores, pero os borradores finais estiveron a cargo do editor xefe, Ji Yun (1724-1805 d.C.).[3]

O libro contén notas bibliográficas de tres mil catrocentas sesenta e un obras recollidas en Siku Quanshu, así como breves referencias ao título doutras seis mil setecentas noventa e tres.[2] Aínda así, omitíronse milleiros de libros, especialmente aqueles destruídos polos Qing por ser considerados contrarios aos manchús, a minoría étnica á que pertencía a dinastía gobernante.[4] Os contidos de Siku Quanshu Zongmu Tiyao reflicten a influencia da Escola Han (汉学, Hànxué) nos círculos intelectuais de Qing.[3]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Guy, R.K. (1987). The Emperor's Four Treasuries: Scholars and the State in the Late Ch'ien-lung Era. Harvard University Press.
  1. Chiang, Sing-chen (2005). Collecting the Self: Body and Identity in Strange Tale Collections of Late Imperial China (en inglés). Brill. p. 37.
  2. 1 2 3 Wilkinson, Endymion (2000). Chinese History: A Manual (en inglés). Harvard University Press. pp. 275-276.
  3. 1 2 Guy, R. Kent (1987). The Emperor's Four Treasuries: Scholars and the State in the Late Ch'ien-lung Era (en inglés). Harvard University Press. pp. 122–123.
  4. Wilkinson, Endymion (2000). Chinese History: A Manual (en inglés). Harvard University Press. p. 274.