Sieg Howdy!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sieg Howdy!
Álbum de Jello Biafra e Melvins
Gravación2004
Duración47:59
Xénero(s)punk rock
Selo(s)Alternative Tentacles
Producido porAli G. North, Marshall Lawless

Sieg Howdy! é o segundo álbum de Jello Biafra e The Melvins, editado o 26 de setembro do 2005 polo selo Alternative Tentacles. Está formado por cancións gravadas durante as mesmas sesións que produciron a súa primeira colaboración, Never Breathe What You Can't See, pero que non foron usadas nese traballo, ademais de catro remesturas de temas do seu primeiro álbum.

A primeira canción, unha versión do clásico de Alice Cooper "Halo Of Flies", ten un significado especial para Biafra e The Melvins, xa que Biafra escoitara falar da versión de The Melvins cando os viu por primeira vez en directo.

Tamén aparecen no disco unha versión modernizada de "California Über Alles", con nova letra de Biafra sobre unha campaña realizada por Arnold Schwarzenegger como gobernador de California, ademais de "Those Dumb Punk Kids (Will Buy Anything)", un tema onde Biafra critica abertamente aos seus antigos compañeiros de Dead Kennedys.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Halo of Flies" (Cooper/Neal Smith/Dennis Dunaway/Michael Owen Bruce/Glen Buxton) – 7:43
  2. "Lighter Side of Global Terrorism" (Extended Space-Melt Version) (letra: Biafra, música: Osborne) – 7:55
  3. "Lessons in What Not to Become" (letra e música: Biafra) – 4:05
  4. "Those Dumb Punk Kids (Will Buy Anything)" (letra: Biafra, música: Osborne) – 3:14
  5. "Wholly Buy Bull" (letra: Biafra, música: Osborne) – 2:33
  6. "Voted Off the Island" (letra e música: Biafra) – 0:50
  7. "Kali-Fornia Über Alles 21st Century (Live)" (letra: Biafra/Greenway; música: Biafra) – 3:18
  8. "Dawn of the Locust (March Of The Locusts Deadverse Remix)" (letra: Biafra, música: Osborne) – 5:40
  9. "Enchanted Thoughtfist (Enchanted Al Remix)" (letra: Biafra, música: Osborne) – 5:08
  10. "Caped Crusader (Subway Gas/Hello Kitty Mix)" (letra: Biafra, música: Biafra/Osborne) – 7:33