Lysol é un álbum da banda de sludge metal estadounidense Melvins, editado no ano 1992 polo selo Boner Records.
Boner Records descoñecía que Lysol era unha marca rexistrada ata despois de imprimir a primeira serie do discos e libretos. Cando lle pediron permiso á Reckitt Benckiser Corporation para usar o nome, este foi denegado. Boner retitulou oficialmente como Melvins e tapou a palabra Lysol no disco e no libreto. Pouco despois da edición inicial, a cinta e a tinta que tapaban as palabras desprendíanse con facilidade, e moitos seareiros as quitaron. Posteriormente, os intentos de facelo causaban danos e nas seguintes edicións eliminouse completamente a palabra.