Gluey Porch Treatments é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense The Melvins, editado en 1987 a través do selo Alchemy Records. A edición orixinal foi realizada unicamente en vinilo. A disco foi posteriormente reedditado en casete co EP Six Songs a través de Boner Records e aparece como material extra na versión en CD do Ozma.[1] Os temas do 18 ao 29, procedentes dunha demo gravada nun radiocasete, só poden atoparse na reedición de 1999 de Ipecac Recordings.
"Steve Instant Newman" e "As Was Is" son versións actualizadas de "Disinvite" e "Easy As It Was" respectivamente, que poden ser escoitadas no EP Six Songs.
"Leeech" era orixinalmente unha canción de Green River titulada "Leech". Cando o fundador dos Melvins Buzz Osborne preguntoulle a un membro de Green River porque nunca a tocaban, a resposta foi que a banda pensaba que era demasiado repetitiva e polo tanto foi eliminada do seu repertorio. O tema foi dada aos Melvins nese momento.
A canción "Eye Flys" aparece na banda sonora da película Kurt Cobain: About A Son, estreada no ano 2006.