Jello Biafra
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Eric Reed Boucher 17 de xuño de 1958 Boulder, Estados Unidos de América |
| Residencia | San Francisco |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Boulder High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, actor de cinema, activista pola paz, cantautor, xornalista, activista polos dereitos humanos, político, actor, activista medioambiental |
| Período de actividade | 1976 |
| Partido político | Partido Verde (pt) |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Punk rock |
| Pseudónimo literario | Jello Biafra |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Alternative Tentacles |
| Outro | |
| Nai | Virginia Boucher |
| Condenado por | fraude |
| Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, |
Jello Biafra, nado como Eric Reed Boucher o 17 de xuño de 1958, é o antigo vocalista e compositor da banda de punk rock estadounidense Dead Kennedys. Despois de deixar os Dead Kennedys, fíxose cargo da influente discográfica independente Alternative Tentacles, que co-fundou en 1979 xunto co seu compañeiro de grupo East Bay Ray. Aínda que actualmente céntrase principalmente na spoken word, continuou traballando de músico en numerosas colaboracións.
Politicamente, Biafra é membro do Partido Verde dos Estados Unidos e apoia activamente varias causas. Foi candidato a presidente do partido no ano 2000, rematando segundo de Ralph Nader. É un firme crente dunha sociedade libre, que utiliza a confrontación e a acción directa no nome de causas políticas. Biafra é coñecido por usar absurdas tácticas dos medios, na tradición esquerdista dos yippies, para poñer de relevo cuestións de dereitos civís e xustiza social.